|
Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2005.
10/08/2005
Saímos de Göreme e marchamos cara Uçisar, primeiro querendo ir por estrada facendo autoestop, pero outros dixeron que era máis bonito ir por camiños de campo...que como non coñeciamos rematamos nunha montaña e veña a da--la volta e a ir por estrada en coches de xente amable. Unha vez alí mortos de fame fumos comer un sarmales (arroz e verduras envoltas en folla de vide). Logo tentamos atopar un hostal para unha das rapazas que viña con nós, pero era unha risa os precios que nos pedían! a rapaza dixo que voltaba a Göreme para durmir nunha pensión, o resto durmiamos en tenda de campaña, así que decidimos deixa-las mochilas no restaurante onde comeramos e cada un polo seu lado, pero polo camiño comezamos a falar cun home que nos corroborou que en Göreme as pensións eran máis baratas, pedímoslle se podiamos deixa-las mochilas alí, contestounos que sen problemas e logo fumos ver un conxunto de covas que lles chamaban "O Castelo" e logo unha cova para durmir, xa que o home anterior dixéranos que podiamos sen problema se nos gustaba a aventura. Pensamos que de puta madre, pero acabamos descartando a idea porque tódalas covas estaban cheas de merda e cheiraban a mexos, ademáis de noite fai moito frío...e nas covas co vento e sen lume...ó final atopamos unhas ruinas cunhas vistas que te cagas para levantarte pola mañá. Así que unha vez decidido fumos polas mochilas, e dous dos nosos compañeiros chegaran antes e estaban falando con este home, que lles ofrecera durmir na casa duns belgas que agora non estaban, tiña a chave e deixábanola gratis! Incrible! Tomámoslle algo alí no bar mentras un señor con bigote nos tocaba unha canción de benvida, que logo nos levou á casa dos belgas estos despois dunha cea abundantísima, rica e barata; e de bailar danzas turcas cunha familia que veu por alí. Cando chegamos á casa dos belgas, resultou ser unha cova restaurada cunha terraza de vistas acojonantes. Vivan los jipis ricos. O único fallo que tiña esa casa era que ó ser unha cova estaba bastante falta de luz...pero tiña colchóns e AUGA QUENTE! Despois dunha semana sen ducharse, cando chega un punto no que non é seguro se a cor da túa pel é debida ó moreno ou á roña... Despois durmín de puta madre, inda que antes de durmir a miña cabeza comezou a barullar con que aquelo parecía un guión dunha película de serie B: unha panda de rapaces, un venres trece, un señor moi amable que lles ofrece unah casa para durmir...estou cada día pior da cabeza!
15/08/2005
Poseso, retomando, que pola mañá erguémonos tempraniño e fumos tomar té de desayuno ó bar do home este, porque a noite anterior dixéranos que nos invitaba. Logo marchamos á estrada e puxémonos a facer autostop, os eslovacos que viñan con nós dixeron que seguían andando, nós quedamos no sitio e ó pouco parou un coche dun rapaz que levaba no maleteiro unha caixa con plantas de tomate e na parte de atrás un cristal, un traxe e bolsas. Pois o home moveu todo para meternos dentro, qué majo, e o mellor era que nos levaba directamente a Kayseri, a seguinte cidade na nosa ruta. Logo cando chegamos á estación de tren (deixounos directamente alí e deuno-la súa tarxeta), agardamos polos eslovacos, que chegaron alí ó pouco, e cando fumos pregunar por trens para Istanbul, tiñamos dous trens: un ás doce da noite e outro á unha da mañá para Ankara e de alí para Istanbul. Nada máis! E para iso madrugamos ás oito da mañá!! Co ben que se durmía despois dunha ducha, e nun colchón...en fin, que eran as doce da mañá e tiñamos doce horas por diante para ver Kayseri, pero cos mochilóns, porque para variar na estación non había consigna. Sentámonos fóra pa comer pan, quiexo e salami (cun pistacho dentro) e logo fumos tomar un café nun bar alí ó lado. Preguntamos se podiamos deixar as mochilas, e si, pero pagando dez millóns...puenno!! Os eslovacos fóronse a patea-la cidade e o resto quedamos vexetando un rato máis no bar cos nosos cafeses. Cando rematamos fumos buscar un internet, atopamos un no quinto pino, logo buscamos outro que funcionara, que no primeiro era máis lento que o cabalo do malo, logo buscamos unha posta para mandar unhas postais, compramos algo de comida e logo a meternos nun bar a xogar ós dados, e durante tódolos traxectos que fixemos pola rúa ¡non pararon de tocarno-los güevos! Igual que en Ulukisla, pero alí tiñan medio perdón por ser un pobo...pero esta é unha cidade grande! O peor foi cando despois de que pecharan o bar onde estabamos (xa eran as dez) puxémonos a camiñar cara á estación e comezaron a seguirnos unha panda de rapaces, ríndose, dicindo chorradas medio en turco medio en inglés...cada vez máis preto eles e con máis cabreo nós. Sacaron un móvil e pedíronnos permiso para sacar fotos descojonándose da risa, unha das rapazas que viña con nós cabreouse e berroulles algo en francés, apaciguáronse un pouco, pero seguían alí. Ata que pola estrada apareceu un camión da policía. Calaron e cando o camión aminorou a marcha e puxo o intermitente para xirar, cagáronse pola pata abaixo e coláronse por unha rúa. Nós cambiamos de beirarrúa e os moi moscas cojoneras voltaron aparecer, pero ó ver que xa estabamos no outro lado da estrada, deixáronnos en paz por fin. Eran máis simpáticos uns rapaces do último bar no que estiveramos, que uns rapaces viñeran pedirlle un boli a unha compañeira e logo devolvérono cunha servilleta que poñía algo así como "THANK YOU. COME HEIRE". Non sabiamos exactamente se era "THANK YOU. COME HERE" ou "THANK YOU FOR COMING HERE". Eu penso que era o primeiro.
|