Blogia
obichodocuruto

NUNCA VAIAS COMER CIORBA DE BURTA AS 7 DA MANHA...

Unha noite en Decembro en Bucarest saimos e comezamos nunha festa dun rapaz que remataba a estadia e voltaba o seu pais. Era unha festa extranha, porque sendo unha festa Erasmus case non habia ninguen. Despois de estar varias horas e ver que ninguen aparecia, quedamos todos no Club A, pero polo caminho comezamos unha guerra con bolas de neve que acabou nunha batalla todos rebozados pola neve e metendono-lo blanco e frio elemento este por todalas partes que atopabamos (e con secuelas, que o dia seguinte un tinha o labio morado, a min rompeume o abrigo...), total, que tardamos tanto zoscandonos pola rua que xa non habia ninguen no Club A e nos piramos a outro lado, o Club Fire. pero este novo sitio inda que estaba aberto nn servian mais bebidas, pero un que iba con nos cando lle preguntaron de onde era e contestou que de Belxica lle dixeron: "Incrible! Tres cervexas gratis!" E quedamonos ali a bebelas co dono do clube, o camareiro, a moza, un que dicia que era periodista, outro que dicia que era emperador e un puto gordo de merda. E digolle puto gordo de merda porque a parte de darme a chapa no Fire o que quixo e mais, cando definitivamente nos botaron do Fire o gordo dixo que iamos todos a comer unha Ciorba de Burta, que e sopa de estomago de vaca. Como comprenderedes, non e a comida que mais pode apetecer a esas horas e con tantas cervexas no corpo.
Pero alo fumos todos a un restaurante. Todos con mais cervexas, eu cunha sopinha de champinhons. Outra cunha tortilla e o puto gordo coa sua ciorba de burta comendo coma un puto porco, botandolle nata, aceite e pementa a saco a ciorba, e dandome bicos na man e na cabeza. Non paraba de preguntarlle a minha amiga se tinha trozos de burta no pelo...e se me achegaba cada vez mais e o final acabei estoupando, levanteime, mandeino a merda e dixenlle que me deixara en paz (todo en rumano, pa que vexades que son unha boa estudiosa do idioma local, inda que con acento moldavo). Despois de que o puto gordo se fora, todo voltou ser o todo o normal que se pode cando estas cun tio de case dous metros que parece un vikingo dicindoche que non te portes asi cos teus amigos, un o lado que che di que e un emperador, o que matou a Cleopatra (por moito que me cansei de explicarlle que esta faraona suicidarase non lle entrou na cachola), outro soltandoche o rollo de que e un periodista famosisimo que escribe en periodicos de todo o mundo e o resto borrachos coma cans. Despois saimos de ali, xa era pola manha e facendo que eramos madrugadores collimo-lo periodico e fumos pa casa.

1 comentario

rumanu -

porque ajora coñezo a etajul trei, pero menos mal que non ao seu colega! que puto asco o da ciorba!