Blogia
obichodocuruto

VECINHOS RUMANOS...VE-LO PARA CREELO

VECINHOS RUMANOS...VE-LO PARA CREELO O outro día chamounos á porta unha vecinha para dicirnos que morrera a do sexto, e despois de darlle as condolencias por unha senhora que non conheciamos de nada, díxonos que se queriamos aportar cartos para unha coroa de flores que ian a ponher de tódolos vecinhos. Po zi, dimos cartos e logo preguntaronnos que iamos facer ó día seguinte ás 11 da manhá, pensamos que era por ir a misa, así que dixemos que non, que tinhamos clase, e menos mal, porque segundo dixo ela "qué pena, porque necesitabamos homes -dicíao polos meus companheiros de piso- para baixa-lo ataúde polas escaleiras". Ahhhhhhhhhhhhhhhhh!! Nin jartos de gùisqui!!!
E doutra vez ía eu pola rúa e unha vella saiume polo balcón e díxome algo sinalando ó chan. Eu pensei que lle caera algo, pero non. Tiroume unha bolsa e díxome que dentro había dinheiro e que lle fora comprar unha botella de vinho. Eu quedei tan flipada que o único que se me ocorreu dicir foi "branco ou tinto?", e aló fun polo vinho morta da risa. Despois tiroume unha corda, atei a bolsa e subiuna; díxome que era moi guapa e moi boa e que agardara, que me ia baixar un regalinho, pero chegaba tarde que quedara cunha amiga e funme...e despois arrepentinme...a saber o que me daría...
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

2 comentarios

funestor vampiro de la noche -

Para mí que el regalo era un hijo la mar de hermoso en edad casadera. Todo era una estrategema para probarte...
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

rumanu -

vaia cousas que che pasan! morro da risa, se tivera quedado ahi! tes que escribir un libro! bicos
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres