Blogia
obichodocuruto

A SEÑORA IRENE CREO QUE SE CHAMABA A VELLIÑA

A SEÑORA IRENE CREO QUE SE CHAMABA A VELLIÑA Pois o 29 de Decembro collimos unha amiga o mozo e outra rapaza e comezamos unha rutiña polo oeste de Rumania. Despois de viaxar dende as 8 da tarde cambiando de trens, finalmente chegamos a Sighetu Marmatei, un pobo preto da fronteira con Ukrania. Pillamos a un señor que iba nunha calandraca que el chamaba coche e facia de taxi e dixemoslle que nos levara o seguinte pobo. Polo camiño preguntamoslle por un sitio onde durmir e resultou que ali non habia sitios para durmir, inda que nos dixo que seguramente podiamos quedar nalgunha casa a durmir; asin que alo fumos a preguntar a tenda da aldea e dixonos que preguntaramos seis casas mais adiante. 1,2,3,4,5,6... baixo do "taxi" e entro nunha cociña cunha velliña pelando patacas, un velliño durmindo o lado. Preguntamos e despois de dar explicacions por señas, porque a señora non sabia rumano, acabamos nunha habitacion durmindo sobre colchons de palla e o lado dun salgueiro con touciño e dunhas costeletas colgadas a curar. Durmimos toda a maña e comemos unha sopa con chouriciño e entre ñam e ñam resultou que o que eu pensaba que era dialecto do rumano que falaba a señora resultou que era hungaro, porque estabamos nunha comuna hungara. Despois un veciño levounos a ve-lo "Cimitiriul Vesel=Cemiterio Alegre", que lle chaman asi porque a xente dos maramures, que e unha cachonda mental (se entendes o sentido do humor dos rumanos, claro) dedicase a poñer nas lapidas (que son placas d madera pintadas de colores) como morreu a persoa con debuxo explicativo e poema. Habia un pastor que parecia que estaba tocando a trompeta e resulta que o que tiña era una escopeta na boca, un rapaz que morrera no patinando nas vias do metro de Paris...outra mostra deste humor e un epitafio que di: "aqui xace a miña sogra, se chega a vivir un ano mais, estaria eu aqui no seu lugar".
Despois de dar unha volta polo pobo e ver como se curran a decoracion das casas con madeira tallada, azulexos e cemento de cores, cagadiños de frio fumos tomar un vin fiert (viño quente), cando chegou de volta o veciño levounos de volta e fumos cear. Adoro a esa velliña, que comida mais rica, pero antes de cenar nos meteron palinca (unha cousa coma a augardente, pero que a toman antes de comer en vez de despois) logo non vexas ti como nos entraron o pure de patacas, cun embutido da casa fritido con cebola e ensalada de varza con pementa e vinagre, e todo acompañado de viño da casa, o vello veña a encherno-lo vaso, acabamos case falando hungaro, que tajada, madre!! E como cearamos as seis e media, coma as jaliñas, as nove e pico fumonos para a habitacion a bebe-la botella de cervexa que compraramos para ameniza-la noite (inda que xa estaba amenizada de por si) e a xogar o chinchon. E polo medio cada dous por tres a mexalo todo no baño, que non era outra cousa que un caseto na eira que parecia que ia caer cun asento dentro cun furado por onde mirabas e podias ve-la merda conxelada do frio que facia. Nunha destas andadas atopeime o fillo dos señoriños e ensinoume os porquiños que tiñan, inda que eu tiña medo de que realmente me fora ensinar outra cousa...
O dia seguinte a velliña trouxonos pola maña unha palangana con auga quente e unha pastilla de xabon para lava-la cara (inda que primeiro haberia que lava-la pastilla!) e preparouno-lo desaiuno: ovos fritidos coa ensalada de varza da noite anterior e...un viniño! Despois largamos e seguimos a aventura.

0 comentarios