Blogia
obichodocuruto

Atenas!

Atenas! Despois de deixar Larissa de noite tras aguantar a un estupido na estacion mentres estabamos cenando un bocadillo mirando para o rapaz este que non facia mais que falarnos en grego e nos que non entendiamos nada cagandonos nel, no tren ata Atenas non durmimos nada, foi o tren mais incomodo da miña vida e mira que eu ata durmo de pe!! 5:30 da maña, legañas nos ollos e un cafe negro. Deixamos as mochilas na consigna e metimonos no metro. Primeira parada: monte Licabeo. Esta no medio da cidade, pasamos polo medio dun mercado, compramos unhas laranxas e puxemonos a subir, cando chegamos arriba decatamonos de que valera moito a pena. Unhas vistas impresionantes e descubrir que Atenas e enorme. Ata onde nos alcanzaba a vista habia edificios, e no medio deles, de repente e sen avisar nin gardar relacion ningunha saltaban a Acropolis, o templo de Zeus ... perdidos no tempo e no espacio. E nos vendo isto soas. Nun cumio cunha igrexa, en silencio. Impresionadas. O pouco rato apareceu unha señora velliña que abriu a igrexa e comezou a falar con nos (que lles pasa os gregos?, non se decatan de que non entendemos? alomenos esta muller era agradable), deixounos entrar e en 5 minutos pechou e voltou baixar. Estrana muller.
O resto do dia pasamolo no templo de Zeus (que pequeniña me sentin o lado dunhas columnas tan grandes), fumos a un cemiterio cheo de esculturas e monumentos funerarios do mais variopinto. a entrada habia unha escultura de bronce tumbada enriba dunha lapida que parecia unha xudia dun campo de concentracion nazi nunha pose horrenda coa cabeza caida por fora da lapida e un bebe aferrado a un dos seus costados que parecia un demo chuchandolle a vida ou un bebe desesperado. Haiche gustos para todo! Eu dediqueime a sacar fotos por aqui e por acola e decateime de que todo estaba cheo de gatos. Gatos gordos. Gatos que te miraban. Gatos gordos que te miraban subidos en tumbas. Por que estaban tan gordos? Por que me miraban? Eran cariñosos, pero acabaron dandome mal rollo. Un dos vixiantes dixome que non se podian sacar fotos, eu comecei a tirarme a historia de que era unha artista que estaba viaxando por Europa do Leste cun traballo sobre os cemiterios...case non o cria nin eu, pero o tio que non falaba moito ingles dixome que o seguira, e ante a perspectiva de que me quitara o carrete, dixenlle que gardaba a camara. Total, xa tiña fotos suficientes!! Na visita a Acropolis flipamos, e decicimos o final quedar un dia mais para velo todo con calma, e ademais porque os horarios de trens para voltar a Tesalonica saiannos moi caros e os horarios non nos conviñan. Case nos matamos baixando por unha rocha (como resbalaban as cabronas) e a min os guardias fartaronse de pitarme e de dicirme "don’t touch" e que por onde estaba metida estaba prohibido andar. Pesados! Pechaban as 5 e nunha das saidas atopamonos na zona vella de Atenas e cun mercadillo. Mais alegrias para os ollos pero tristezas para os petos, que o meu andaba mais teso... ademais non se pode ir a Grecia despois de vivir en Rumania...a diferencia e abismal!! Preguntando por un sitio barato pa durmir un rapaz levabanos a un albergue, pero non nos queria dicir onde era, so nos levaba, mal rollo. Gracias pero temos prisa e adeus moi boas. Non se pode ser tan guapa.Jeje. O final cando fumos a polas mochilas a estacion e despois de librarnos duns taxistas que nos querian timar, co metro e unha guia acabamos nun albergue da REAJ baratillo e de puta madre, onde ducharnos, durmir e soñar a gusto por 8 euros e pouco. Fantastico.
O dia seguinte erguemonos e...chove!! Bueno, que non nos pase nada mais malo. Tomamolo con calma e fumos o mercadillo, voltamos a Acropolis, metimonos no museo onde nos miraban con cara de "claro, claro, agora que choveentrades,non?" Unha merdiña pero vin cousas interesantes (xoias, dados, moedas...)inda que o que mais me sorprendeu foi..unha piña (unha piña de prende-lo lume, entendese). Despois inda que chovia fumos a agora romana e a ve-la Torre dos Ventos. Foi unha pena que non nos pararamos mais tempo, pero entre que chovia e despois comezou a arreciar...e que iamos contra reloxio! Fumos a fuego a pillar uns bocatas, pero a muller era mais lenta co cabalo do malo. Case se me abre unha ulcera co nervio. Aesa muller ninguen lle dixera que "lo bueno si breve dos veces bueno" (excepto no sexo). O final chegamos a tempo a estacion e incluso tivemos que agardar polo tren. Pero prefiro iso a perdelo! Dende o tren dixelle ata outra a Atenas. Voltarei...

0 comentarios