VECINHOS RUMANOS...VE-LO PARA CREELO

E doutra vez ía eu pola rúa e unha vella saiume polo balcón e díxome algo sinalando ó chan. Eu pensei que lle caera algo, pero non. Tiroume unha bolsa e díxome que dentro había dinheiro e que lle fora comprar unha botella de vinho. Eu quedei tan flipada que o único que se me ocorreu dicir foi "branco ou tinto?", e aló fun polo vinho morta da risa. Despois tiroume unha corda, atei a bolsa e subiuna; díxome que era moi guapa e moi boa e que agardara, que me ia baixar un regalinho, pero chegaba tarde que quedara cunha amiga e funme...e despois arrepentinme...a saber o que me daría...
2 comentarios
funestor vampiro de la noche -
rumanu -