OS TAXISTAS RUMANOS: APATRULLANDO LA SIUDA!!!!
Dentro de todalas persoaxes que poida ter Rumania, teñen Mencion Honorifica Especial os taxistas. Aparte de que neste pais parece que os que teñen carnet deronllo na Tombola do Cubo, os realmente perigosos son os taxistas. Acabas montandote sempre nun taxi porque son baratos, porque es vago e sobre todo no inverno porque fai frio. Pero unha vez dentro os webos poñenseche de corbata cando recordas o perigo que corre a tua vida...pero xa pechache a porta e non hai volta atras. Para non ver contra que coche, farola ou calquer cousa o efecto vaste espetar sempre podes tentar distraerte coa musica que levan a toda ostia (que por un lado evita escoita-los pitidos do resto dos automoviles) a cal pode variar dende pop rumano, musica xitana rumana (manele) ou inclusive Bisbal ou o Papichulo; o tunning chungo de la muerte: cristais de atras tintados nun R12, alerons, pegatinas... ; ou a decoracion, que parece escollida de entre o mellor do que podes atopar nun cadea cen (kitch total) e unha rica variedade de cruces, santos, cristos, estampitas e virxes que levan, que parece que vas con Sor Citroen de peregrinacion a Lourdes. A min o que mais me ten traumatizado indo nestes taxis e atoparme un taxista que levaba un CD de Ricky Martin pegado no parasol. Outro que dando unha curva (e chunga a curva) quitou unha man do volante para santiguarse porque pasabamos por diante dunha Igrexa (e aqui os ortodoxos santiguanse tres veces seguidas!), eu en vez de dar gracias a Deus case que me estaba cagando na Virxe! Despois vanche pasando cousas curiosas dependendo de onde esteas e o longo que sexa o traxecto. Xa independentemente de que che tiren os tejos ou che falen do fillo tan simpatico e guapo e estudioso e traballador que teñen, podeste poñer a falar co señor taxista, caerlle ben e que che rebaixe uns leis, e sobre todo hai que mirar se levan taximetro (que hai alguns que non o levan e con eses e mellor pacta-lo prezo antes ou non montarse; como un co que fun da estacion de tren o aeroporto en Bucarest e que levaba tamen a dous rumanos e como as maletas non lle cabian no maleteiro, o notas atou a porta do maleteriro o tubo de escape cunha corda e tira p’adiante), se levan taximetro que o enchufen e que leven tamen o prezo correcto, que isto de ser extranxeiro e que se che note e chungo (pero en calquer pais). Sobre todo hai que ter coidado cos taxistas de Bucarest. Son mais peligrosos que un mono con navalla e pistola. Cando voltei de pasa-la Semana Santa en España o taxista que nos levou a estacion de tren aparte de que era tan agradable coma que che meteran unha piña polo cu, cando baixamos, despois de inventarse que lle tiñamos que pagar 10.000 lei mais por non sei que da equipaxe; estabamos subindo a acera e oimos un "cataclon!" as nosas espaldas. Resultou que se me esquecera un botellin de auga no taxi e en vez de avisarme, de bebelo ou de tiralo na proxima papeleira, pois non, guindounolo e menos mal que non nos deu. CABRON! Asi te gastes todos tus dineros en medicinas!!
3 comentarios
anxo -
Me doi cuenta que si te lo hubiese escuchado, te hubiese interrumpido setenta veces
sigue
maitane -
Anónimo -