Blogia
obichodocuruto

House of Memories

Saímos de Göreme e marchamos cara Uçisar, primeiro querendo ir por estrada facendo autoestop, pero outros dixeron que era máis bonito ir por camiños de campo...que como non coñeciamos rematamos nunha montaña e veña a da--la volta e a ir por estrada en coches de xente amable. Unha vez alí mortos de fame fumos comer un sarmales (arroz e verduras envoltas en folla de vide). Logo tentamos atopar un hostal para unha das rapazas que viña con nós, pero era unha risa os precios que nos pedían!
a rapaza dixo que voltaba a Göreme para durmir nunha pensión, o resto durmiamos en tenda de campaña, así que decidimos deixa-las mochilas no restaurante onde comeramos e cada un polo seu lado, pero polo camiño comezamos a falar cun home que nos corroborou que en Göreme as pensións eran máis baratas, pedímoslle se podiamos deixa-las mochilas alí, contestounos que sen problemas e logo fumos ver un conxunto de covas que lles chamaban "O Castelo" e logo unha cova para durmir, xa que o home anterior dixéranos que podiamos sen problema se nos gustaba a aventura. Pensamos que de puta madre, pero acabamos descartando a idea porque tódalas covas estaban cheas de merda e cheiraban a mexos, ademáis de noite fai moito frío...e nas covas co vento e sen lume...ó final atopamos unhas ruinas cunhas vistas que te cagas para levantarte pola mañá. Así que unha vez decidido fumos polas mochilas, e dous dos nosos compañeiros chegaran antes e estaban falando con este home, que lles ofrecera durmir na casa duns belgas que agora non estaban, tiña a chave e deixábanola gratis! Incrible! Tomámoslle algo alí no bar mentras un señor con bigote nos tocaba unha canción de benvida, que logo nos levou á casa dos belgas estos despois dunha cea abundantísima, rica e barata; e de bailar danzas turcas cunha familia que veu por alí.
Cando chegamos á casa dos belgas, resultou ser unha cova restaurada cunha terraza de vistas acojonantes. Vivan los jipis ricos. O único fallo que tiña esa casa era que ó ser unha cova estaba bastante falta de luz...pero tiña colchóns e AUGA QUENTE! Despois dunha semana sen ducharse, cando chega un punto no que non é seguro se a cor da túa pel é debida ó moreno ou á roña...
Despois durmín de puta madre, inda que antes de durmir a miña cabeza comezou a barullar con que aquelo parecía un guión dunha película de serie B: unha panda de rapaces, un venres trece, un señor moi amable que lles ofrece unah casa para durmir...estou cada día pior da cabeza!

1 comentario

ya sabes quién soy -

qué hippie eres...