OS BAÑOS TURCOS
Considero importante apuntar aquí que os baños, os cuartos de baño de Turquía son os mellores do mundo. sexa nun tren chachiguay, nun bar cutre ou en baños públicos, todos son o mesmo: o típico cuadrado de porcelana no chan cun furado e os pés marcados; ó lado, unha mangueiriña con auga e un cazo pa botar auga despois ou para lavarse. Para sentarme tranquilamente e cagar na casa prefiro unha taza, pero para ir por ahí adiante, que non te vas a sentar pa iso (porque eu e a limpeza non temos moita amizade, pero non chego a tanto), é a opción perfecta. Ademáis adopta-la postura natural de cagar, que parece se-la máis adecuada para que os músculos e os intestinos traballen xuntos para a facilidade da expulsión e para evita-las almorranas. De tódolos xeitos en tazas de water alleas a solución a sentarse é poñe-los pés na taza e adopta-la mesma postura. E sempre teñen papel neles!!!
1 comentario
eu -