Blogia
obichodocuruto

DE VIENA A PRAGA TIROTE PORQUE ME DA A GANA

DE VIENA A PRAGA TIROTE PORQUE ME DA A GANA Cando pillamo-lo tren que ia de Viena a Praga pensamos que era directo. Despois a informacion que nos deron na estacion sobre onde, como, cando e a que hora cambiar de tren, era distinta cada vez que lle preguntabamos a un revisor. O final unha hora despois de comeza-lo camiño ee soporta-lo vagon cheo de adolescentes italianos en excursion da escola, baixamos nunha estacion que non tiñamos nin puta idea de onde era (sospeito que na Republica Eslovaca) cun rapaz arxentino qe ia o mesmo sitio ca nos. Alo imos a preguntarlle a un revisor que tiña peor ingles ca min (que xa e dicir) e dixono-lo numero da linia que era, alo fumos a busca-la linia cando nos decatamos de que en cada linia habia tres ou catro numeros. Volta a preguntarlle o señoriño que nos sinalara cal era a linia que nos dixera, contestano-lo numero e dicimoslle que no-la sinale co dedo!! Pois o tio mais que traballar na estacion, por moito uniforme que levara, parecia que vendia patacas PORQUE NON SABIA QUE LINIA ERA. Seguimos tentando atopala e alo desaparecen o tren no que chegamos e o señor inutil da estacion. Quedamos calados, sos, e sen saber onde nin que facer. Nevando...e de supeto aparece un home cunha chave inglesa, pero que non sabia ingles (nin el nin a chave) e o rapaz arxentino por señas consegue que o home lle indique a linia onde debe para-lo noso tren. Ali quedamos agardando ata que apareceu un tren. O home da chave inglesa corre cara nos e metenos no tren, literalmente, inda que non sabianos fijo se era ese, pero non lle discutimos nada (como para levarlle a contraria...vos non vichede-lo tamaño da chave inglesa!). Metemonos nun compartimento e cando chega o revisor algo-anglo-parlante confirmanos que estamos no tren acertado pero no vagon errado (vayanse a segunda clase, plebeyos). Fumos ali felices coma perdices, aposentamo-lo noso cu e de supeto o tren pega un frenazo. Nos estamos acostumados nos trens rumanos a este tipo de conduccion, asi que cando apareceu o arxentino todo alterado, comezamos a explicarlle que na Europa do Leste os carnets de conducir danse a cambio de tres etiquetas de Anis del Mono; pero o rapaz dixo que calaramos e miraramos pola fiestra. Asi o fixemos e vimos como os do passport control lle estaban a pegar unha paliza a un tio, o tiraban do tren (delicadeza das suas partes paralo antes, oes) a neve. E menos mal que habia neve, que a distancia entre o chan e otren era considerable...despois miraron os energumenos estos cara nos, enfocaronnos cunha lanterna e mandaronnos meter pa dentro. Asi coma pechamos a fiestra voltamola abrir e vimos coma o home corria detras de tren que comezara a andar deixandoo con duas bolsas e a baixo cero no medio da neve. Non habia nin unha casa, nin un arbol...nada. So neve. Cando nos alonxabamos e o iamos deixando na escuridade pensei que ese home ia morrer ali so. Non o sei. Nunca o saberei.

1 comentario

rita ... -

a seguir escribindo, cris!!!, que non se sabe nada da tua vida!! un bico, nena.