Blogia
obichodocuruto

NA BUSCA DO VAL PERDIDO

O noso destino cando chegamos a Ibradi estaba preto...pero todavia lonxe. Chegamos ala e os amigos que nos agardaban no Rainbow dixerannos que se podia chegar facilmente en autostop, pero xa era moi tarde, ia anoitecer en breves e xa poucos coches habia. Tinhamos a opcion de quedarnos a durmir ali e tentalo a manha seguinte, pero xa levabamos dous dias de caminho e queriamos chegar XA, ademais de querer chegar para o cumple dunha das nosas amigas. Asi que falando cun home que era turco pero sabia ingles, resulta que o conductor do maxitaxi ofrecianos levarnos ata uns kilometros mais alo de Baslar, ata preto de onde quedaba o Rainbow, nos dixemoslle que xa postos nos levara ata ali, pero que non se podia ir. OK! Pagamos e ala nos leva montanha p'arriba, chegamos a Baslar (que non era nin un unha aldea, eran 4 casas catro cabras e 2 persoas, pasamos Baslar, xa era de noite, e de repente para no medio da estrada (bueno, caminho de carro), e que xa estaba, que ali nos deixaba. Pedimoslle que xa que o caminho estaba en boas condicions que nos levara mais lonxe...e claro que podia, pero queria mais cartos. Tentamos negociar, darlle pena...nada o home sen corazon deixounos ali no medio da nada, con vagas explicacions de onde tinhamos que ir e eu desexando que ogala se lle pincharan as catro rodas, lle explotara o deposito de gasolina, que se lle queimara o 75% do corpo, no 25% restante que tivera cancro e que despois pillara o SIDA, pa que o jastara todo en mencinhas!!
Botamos a andar nunha noite sen lua sen linterna nin vela, so a luz do meu movil. Seguindo o caminho que nos dixeran metimonos na primeira bifurcacion a esquerda, comexamos a escoitar o redor nas montanhas a ostia de cans ladrando e ouveando. Unha terrible dubida asaltounos, eran cans de xente?quen carallo vivia ali?cans pastores?cans salvaxes?lobos? Preferimos deixar de pensar e seguir andando, Chegamos a segunda bifurcacion e tamen collimos a esquerda (segundo nos dixeran), e apartires de ahi tinha que ser todo recto, ademais durante todo o que levabamos andando viamos unha especie de resplandor o lonxe, que estaba na direccion que nos indicaran, asi que suponhiamos que eran as fogueiras da xente. Pero de supeto topamos con outra bifurcacion, quedamonos pensando e metimonos a esquerda, inda que mentras avanzabamos vimos que enfilabamos cara unha montanha e que nos alonxabamos do resplandor, cando vimos unha luz que se movia o lonxe. Paramonos e comezamos a berrar preguntando: quen es? eres unha persoa? un coche? olaaaaaaaaaaaaa? facendolle luces co movil cando xusto o noso lado escoitamos un "GRRRRRRRRRRRRRRRR" ameazante, cagamonos pola pata abaixo e un preguntou "quen foi?" COMO QUE QUEN FOI? QUE CARALLO ERA ISO???!!! E non quedamos ali para averigualo, saimos de ali non correndo porque os animais se corres van a por ti, pero a paso acelerado e co cu ben prieto!! Voltamos o caminnho de antes e decatamonos de que iamos na direccion correcta porque atopamos un circulo con pedras cunha frecha. Andando andando chegamos a un bosque, onde non se veia o resplandor, pero tinhamo-lo caminho, ata que de supeto, rematouse. Nin caminho nin resplandor, paramonos e comezamos a escoitar outro ruido, para min todo eran monstros que nos querian comer, pero o resto dixo "tambores!yembes! Estamos preto! Sigamo-lo son!". Andivemos e andivemos, rematouse o bosque apareceu de novo o resplandor, non faciamos mais que atopar riachos e lagos, despois o resplandor convertiuse en lume, logo comezamos a vislumbrar persoas bailando, comezamos a facer sinais co movil, vironnos e oimo-la voz dunha das nosas amigas "Ola!" Comezamos a correr e a berrar"Os encontramos!" e o resto da xente que estaba ali gritounos: "WELLCOME HOME!!" Quedamonos ali con eles, cantamos ofreceronnos comida, e logo a chanta-la tenda de campanha e a sobar, estabamos molidos...

0 comentarios