Blogia
obichodocuruto

LOVE VALLEY

Pois pateando pateando rematamos no Love Valley, inda que nos preferiamos chamalo "El Valle de las Poyas". Prece ser que na Kapadocia hai unha rareza xeoloxica chamada cheminea das fadas, que son erosions do terreo que fan que pedras duras queden enriba pequenas montanhinhas de sedimentos, pero aqui estas chemineas eran poyas como ollas! Se poido xa ponherei fotos, que saquei moitas. Despois caminhamos ata o val do lado, onde habia casas excavadas nas rochas por dentro de montanhas. Algunhas estaban habitadas, pero outras estaban derruidas, quedaba o interior o airee algunhas ata eran igrexas!! Normalmente eran usadas por pastores para gardar palla ou pasa-la noite, pero habia outras que estaban tocadas pola maravillosa man do home: cheiraban a mexos e cagadas, estaban cheas de botellas, paquetes de patacas, restos de festas, algun que outro subnormal se lle ocorriu ponher o seu nome rascando pinturas do seculo XV, ou ponhendo a sua propia arte nas paredes...en fins , que hai xente que nace sen mans e non ten culpa e outros que haberia que cortarllas. Outras covas que habia no pobo estaban restauradas e servian de restaurante, hotel...Inda que habia zoas nas que parecia que dentro dunha destes montanhas habia unha cidade enteira, xa que case todolos habitaculos estaban comunicados, e habia montanhas das que caera xusto a metade e veiase todo o interios coas covas en seccion transversal. Incrible...podes pasar ali un ano e todavia non te aburririas de estudiar todolos recovecos deste lugar. De feito estivemos pateando tooooda a tarde, acabei cun dolor de pes que ata os callos berraban pedindo clemencia! Estivemos buscando unha cova para durmir dentro, pero fixosenos de noite e rematamos durmindo nun campeiro que o dia seguinte descubrimos que era unha vinha, e tamen conhecimos a dona, xa que apareceu para botarnos. Co que flipei foi as seis da manha que me despertou un ruido rarisimo, pensei que estaba sonhando, logo dinme conta de que non, estaba escoitando un dragon! Ou un lanzallamas, pero cando sain a comprobalo resulta que era un globo aerostatico que voaba por encima de nos...la madre que lo pario, vaia susto que nos deu a todos!!

0 comentarios