Blogia
obichodocuruto

COMENDO FLOWERS

Pola manha erguemonos e demonos conta de que a viaxe merecera a pena, estabamos nun sitio precioso!!! Fumos coller auga a unha fonte e no paseo vimos tendas, cabanas e casinhas de pedras, ramas e plasticos, unha parella de recen chegados que vinheran de Espanha nun tandem con dous cativos nunha especie de capazo cunha cortininha de tela. Ali facian a comida todos xuntos (comida para tropecentos) e cando ian comer berraban "Food Circle!" 3 veces e logo reunianse o lado da fogueira, facian un circulo, dabanse as mans, cantaban, logo meditaban (Ommmmmmmmmmmmmm) e logo sentabanse e comezaban uns cantos a reparti-la comida. Ese dia pola tarde fumos dar unha volta para ver por onde vinheramos de noite. Topamos un rio e a idea inicial era lava-los pes e a cara, pero a auga non estaba moi fria (e para ser un rio de montanha era un pouco estrano...seguro que mais arriba mexaban todalas vacas!), rematamos banhandonos en bolas, embadurnandonos con barro, con esta pinta de trogloditas facendo unha expedicion rio abaixo buscando un sitio para nadar, atopalo banharnos, darnos con xabon (inda que se te banhas con barro o xabon xa non fai falla) e a toma-lo sol. Logo a volta recollimos lenha, levamola a fogueira e xusto cando pasabamos preto da cocinha berraron "Help in the Kitchen!" asi que axudamos a prepara-la sopa maxica para a cea cortando verduras e remexendo nun caldeiro enooooooooorme. Iso foi o que mais me molou. Lavaban as cousas con cinza e facian pan chapati. Logo largamonos a ponher un xersei e logo a cear. O mesmo ritual e despois da cea ian pasando "o gorro maxico" uns cunha guitarra e cantando para recaudar fondos. Logo todos preto do lume, que de dia facia un calor de la ostia pero de noite un frio que cajabas, e a cantar e bailar.
O dia seguinte estivemos cocinhando arrocinho rico no noso camping gas e logo empaquetamos todo para irnos, ese sitio molaba, pero a Kapadocia estaba agardando por nos!! Comezamos a andar e recolleunos unha furgoneta de turcos que nos montou e nos levou de gratis ata Ibradi, ali topamos o cabron do conductor que nos deixara no medio da montanha tentando timar a outros que ian o festival, asi que avisamolos, que lles cobraba o doble que a nos!! Despois fumos comer como o meu estomago manda (carrrrrrrne) e despois de que nos tentaran timar (cando pedimo-la conta era unha burrada, e cando pedimo-la conta por separado a xente que comera o mesmo lle cobraban distinto!!) fumos acampar as aforas do pobo. E escollimos un sitio preciosoa lua as montanhas e o pobo coma nun conto. A manha seguinte erguimonos cedo para coller un maxitaxi para Akseki (outra vez, que dolor de ccabeza pensar en voltar a ese pobo de pirados), collimolo polo caminho e ala fumos. Cando chegamos o conductor quixonos timar dicindonos que eran 5 millons, cando nos botamos a rir e lle dixemos que xa foramos de Akseki a Ibradi por 3 millons e que era o que lle iamos a dar. Calou a boca e largouse. Despois coa axuda do mapa preguntabamos como ir cara Goreme, preguntando pobos onde poideramos colle-lo tren, blablabla...e o final un home que habia ali dixonos que nos levaba a Konya, que el tinha que ir, e que ali podiamos colle-lo tren, pero pagando. O principio pedianos unha burrada, pero lle dixemos que lle pagabamos o mesmo que nos ia cobra-lo bus, se lle interesaba ben e se non, o bus nos levaba fijo...asi que nos montou no coche a comezamos outra longa viaxe cara outras montanhas.

0 comentarios