Blogia
obichodocuruto

ME GUSTAN LOS CAMIONEROS TURCOS

Montados no coche do pseudotaxista este, conducindo a fuego e apretados como sardinhas en lata (pero cando paramos a facer chofa o home comprounos unha chocolatina a cada un, que majo!) chegamos a Konya,pero non daba atopado a estacion de tren nin con miguinhas de pan. Pedimoslle que parase e que nos deixara nalgun lado, estabamos necesitados de cafe, caixeiro e intenne antes do tren...pero calquera atopaba a puta estacion!! Eu chegou un momento en que pensei que xa non existia, pero comprei un xelado e todo iso desapareceu! Por fin despois de patear e patear conseguimos dar coa estacion, fixemo-la reserva compramos uns kebabs, leite, pipas, e mentras esperabamos, a unha das rapazas que estaba con nos lle pediron un retrato e a cambio lle deron unha pulseira de cuentas que usan aqui para rezar. Logo o tren que collimos deixounos en Ulukisla, onde tinhamos que agardar unhas cantas horas ata o seguinte tren, asi que deixamo-las cousas na cafeteria da estacion (onde non falaban ingles, pero si aleman e ruso!) e fumos dar unha volta, pero convertiuse nunha aventura e nos na atraccion do pobo: aparte de que todo o mundo nos miraba, fumos ver unha especie de ruinas, sentamonos ali o solete...e de supeto apareceron uns cativos que o principio mirabannos e berrabannos de lonxe, pero logo achegaronse a preguntarnos de onde eramos, que faciamops, o principio faciannos gracia, logo xa tocaban as pelotas (sobre todo o graciosillo do grupo, Ahmed), despois apareceron outros pequenos que nos regalaron unhas flores. Estabamos cantando con eles, sacandolles fots, facendolles debuxos...e o lonxe apareceron sete cativos mais NOOOOON, demasie pal body!! Salimos de ali a fume de carozo e fumos buscar a tres da nosa panda que non puideran aguantar e largaranse antes, pero comezaron a seguirnos, e mentras que seguiamos caminhando se lles ian unondo todolos cativos do pobo!! Menos mal que de cando en vez saia algun adulto a espantalos. Fixemos acopio de viveres par o caminho e voltamos a estacion para colle-las mochilas e cear algo quente (ciorba de organos de porco. Tivemos que entrar na cocinha coma sempre para saber que carallo habia de menu e esa ciorba levaba ata cachos de dentes, pero estaba boa de carajo). Despois chegamos o seguinte pobo, Incesu, onde lle preguntamos o senhor da estacion se podiamos acampar na explanada que habia enfrente e primeiro dixonos que si, pero logo dicianos de durmir nunha das habitacions da estacion, pero non cabiamos todos e preferiamos durmir no campeiro, que aquel chan non se via moi confortable (inda que a min me tocaron duas pedras debaixo da tenda, unha en cada ril). Logo espertamonos as oito da manha coa sensacion de ser un polo asado. Cousas que ten chanta-la tenda sen saber por onde vai pega-lo sol pola manha! Pois arriba a desayunar, darlle pan a un cachorro escualido que habia por ali morto de fame e a preguntarlle o home da estacion onde carallo estaba Goreme, explicounos dun bus e o caminho a seguir, pero o chegar ali, nada, preguntamos a un senhor que habia na parada e mandounos a gasolineira, na gasolineira voltamos a preguntar e recolleunos un camioneiro, eu ia dicndo: "jo, que suerte tenemos..." cando zoupei, jodin a man esquerda (so feridas das pedras) e casquei o movil (pero seguia funcionando). Levounos ata un cruce e ali separabanse os nosos caminhos, pero ali mismo recolleronnos dous camions que nos levaron a unha gasolineira a 9 km de Goreme, ali fixemos un descansinho, comimos e logo comezamos a patear, pola estrada parounos un bus que por un modico prezo (eu sigo pensando que nos timaron) levounos ata o noso destino, ali compramos os alimentos da nosa dieta (pan, queixo e tomate), preguntamoslle o home se podiamos deixa-las mochilas ali, gardouno-las no almacen, un home en burro queria 7 euros por facer unha foto e logo puxemonos a patear.

0 comentarios