Blogia

obichodocuruto

KAYSERI, KAYSERI...

Poseso, retomando, que pola mañá erguémonos tempraniño e fumos tomar té de desayuno ó bar do home este, porque a noite anterior dixéranos que nos invitaba. Logo marchamos á estrada e puxémonos a facer autostop, os eslovacos que viñan con nós dixeron que seguían andando, nós quedamos no sitio e ó pouco parou un coche dun rapaz que levaba no maleteiro unha caixa con plantas de tomate e na parte de atrás un cristal, un traxe e bolsas. Pois o home moveu todo para meternos dentro, qué majo, e o mellor era que nos levaba directamente a Kayseri, a seguinte cidade na nosa ruta. Logo cando chegamos á estación de tren (deixounos directamente alí e deuno-la súa tarxeta), agardamos polos eslovacos, que chegaron alí ó pouco, e cando fumos pregunar por trens para Istanbul, tiñamos dous trens: un ás doce da noite e outro á unha da mañá para Ankara e de alí para Istanbul. Nada máis! E para iso madrugamos ás oito da mañá!! Co ben que se durmía despois dunha ducha, e nun colchón...en fin, que eran as doce da mañá e tiñamos doce horas por diante para ver Kayseri, pero cos mochilóns, porque para variar na estación non había consigna. Sentámonos fóra pa comer pan, quiexo e salami (cun pistacho dentro) e logo fumos tomar un café nun bar alí ó lado. Preguntamos se podiamos deixar as mochilas, e si, pero pagando dez millóns...puenno!! Os eslovacos fóronse a patea-la cidade e o resto quedamos vexetando un rato máis no bar cos nosos cafeses. Cando rematamos fumos buscar un internet, atopamos un no quinto pino, logo buscamos outro que funcionara, que no primeiro era máis lento que o cabalo do malo, logo buscamos unha posta para mandar unhas postais, compramos algo de comida e logo a meternos nun bar a xogar ós dados, e durante tódolos traxectos que fixemos pola rúa ¡non pararon de tocarno-los güevos! Igual que en Ulukisla, pero alí tiñan medio perdón por ser un pobo...pero esta é unha cidade grande! O peor foi cando despois de que pecharan o bar onde estabamos (xa eran as dez) puxémonos a camiñar cara á estación e comezaron a seguirnos unha panda de rapaces, ríndose, dicindo chorradas medio en turco medio en inglés...cada vez máis preto eles e con máis cabreo nós. Sacaron un móvil e pedíronnos permiso para sacar fotos descojonándose da risa, unha das rapazas que viña con nós cabreouse e berroulles algo en francés, apaciguáronse un pouco, pero seguían alí. Ata que pola estrada apareceu un camión da policía. Calaron e cando o camión aminorou a marcha e puxo o intermitente para xirar, cagáronse pola pata abaixo e coláronse por unha rúa. Nós cambiamos de beirarrúa e os moi moscas cojoneras voltaron aparecer, pero ó ver que xa estabamos no outro lado da estrada, deixáronnos en paz por fin. Eran máis simpáticos uns rapaces do último bar no que estiveramos, que uns rapaces viñeran pedirlle un boli a unha compañeira e logo devolvérono cunha servilleta que poñía algo así como "THANK YOU. COME HEIRE". Non sabiamos exactamente se era "THANK YOU. COME HERE" ou "THANK YOU FOR COMING HERE". Eu penso que era o primeiro.

House of Memories

Saímos de Göreme e marchamos cara Uçisar, primeiro querendo ir por estrada facendo autoestop, pero outros dixeron que era máis bonito ir por camiños de campo...que como non coñeciamos rematamos nunha montaña e veña a da--la volta e a ir por estrada en coches de xente amable. Unha vez alí mortos de fame fumos comer un sarmales (arroz e verduras envoltas en folla de vide). Logo tentamos atopar un hostal para unha das rapazas que viña con nós, pero era unha risa os precios que nos pedían!
a rapaza dixo que voltaba a Göreme para durmir nunha pensión, o resto durmiamos en tenda de campaña, así que decidimos deixa-las mochilas no restaurante onde comeramos e cada un polo seu lado, pero polo camiño comezamos a falar cun home que nos corroborou que en Göreme as pensións eran máis baratas, pedímoslle se podiamos deixa-las mochilas alí, contestounos que sen problemas e logo fumos ver un conxunto de covas que lles chamaban "O Castelo" e logo unha cova para durmir, xa que o home anterior dixéranos que podiamos sen problema se nos gustaba a aventura. Pensamos que de puta madre, pero acabamos descartando a idea porque tódalas covas estaban cheas de merda e cheiraban a mexos, ademáis de noite fai moito frío...e nas covas co vento e sen lume...ó final atopamos unhas ruinas cunhas vistas que te cagas para levantarte pola mañá. Así que unha vez decidido fumos polas mochilas, e dous dos nosos compañeiros chegaran antes e estaban falando con este home, que lles ofrecera durmir na casa duns belgas que agora non estaban, tiña a chave e deixábanola gratis! Incrible! Tomámoslle algo alí no bar mentras un señor con bigote nos tocaba unha canción de benvida, que logo nos levou á casa dos belgas estos despois dunha cea abundantísima, rica e barata; e de bailar danzas turcas cunha familia que veu por alí.
Cando chegamos á casa dos belgas, resultou ser unha cova restaurada cunha terraza de vistas acojonantes. Vivan los jipis ricos. O único fallo que tiña esa casa era que ó ser unha cova estaba bastante falta de luz...pero tiña colchóns e AUGA QUENTE! Despois dunha semana sen ducharse, cando chega un punto no que non é seguro se a cor da túa pel é debida ó moreno ou á roña...
Despois durmín de puta madre, inda que antes de durmir a miña cabeza comezou a barullar con que aquelo parecía un guión dunha película de serie B: unha panda de rapaces, un venres trece, un señor moi amable que lles ofrece unah casa para durmir...estou cada día pior da cabeza!

OS BAÑOS TURCOS

Considero importante apuntar aquí que os baños, os cuartos de baño de Turquía son os mellores do mundo. sexa nun tren chachiguay, nun bar cutre ou en baños públicos, todos son o mesmo: o típico cuadrado de porcelana no chan cun furado e os pés marcados; ó lado, unha mangueiriña con auga e un cazo pa botar auga despois ou para lavarse. Para sentarme tranquilamente e cagar na casa prefiro unha taza, pero para ir por ahí adiante, que non te vas a sentar pa iso (porque eu e a limpeza non temos moita amizade, pero non chego a tanto), é a opción perfecta. Ademáis adopta-la postura natural de cagar, que parece se-la máis adecuada para que os músculos e os intestinos traballen xuntos para a facilidade da expulsión e para evita-las almorranas. De tódolos xeitos en tazas de water alleas a solución a sentarse é poñe-los pés na taza e adopta-la mesma postura. E sempre teñen papel neles!!!

BUDAPEST

Cando sexa maior e rica vou ponher uns banhos turcos na casa. En Budapest hai uns que son unha gozada, e o mellor son unhas piscinas de auga quente que hai no exterior. Ésta é a segunda vez que vou, e flipámola, porque estaba nevando e tí metida na auga quente e todo cheo de vapor. Recordoume a unha imaxe da National Geographic duns monos despiollándose na montanha metidos nun lago de auga quente e nevando tamén. Igualinhos! o malo é que tamén está cheo de babosos, como un norteamericano - from New York, from Brooklin, you know?- que quería o meu número de teléfono e co seu amigo mestura de Obélix e Santiago Segura.
Tamén había un par de vellos todos melosos dándose bicos. Ó principio pensabas "qué bonito! Eu tam§en quero chegar a esa idade facendo guarreridas". pero despois de que non paraban xa comezaban a cansar un pouco, "qué empalagosos". Despois fixábaste nuns movementos estranos do brazo da senhora, e como persoa curiosa que son alo fun a bucear a ver que habia por alí...estaba facéndolle unha palla ó vello...case afogo do susto. Despois inda que non quixeramos mirar eles estaban alí...facendo movementos máis estranos todavía...asín que voltei bucear...e a curiosidade mata ó gato, esta vez sí que quedei traumatizada: estaban fodendo!!!! qué fatal...e o peor era que eu quería tamén, pero cun chico guapo, non cos vellos que nos acosaban...

LOVE VALLEY

Pois pateando pateando rematamos no Love Valley, inda que nos preferiamos chamalo "El Valle de las Poyas". Prece ser que na Kapadocia hai unha rareza xeoloxica chamada cheminea das fadas, que son erosions do terreo que fan que pedras duras queden enriba pequenas montanhinhas de sedimentos, pero aqui estas chemineas eran poyas como ollas! Se poido xa ponherei fotos, que saquei moitas. Despois caminhamos ata o val do lado, onde habia casas excavadas nas rochas por dentro de montanhas. Algunhas estaban habitadas, pero outras estaban derruidas, quedaba o interior o airee algunhas ata eran igrexas!! Normalmente eran usadas por pastores para gardar palla ou pasa-la noite, pero habia outras que estaban tocadas pola maravillosa man do home: cheiraban a mexos e cagadas, estaban cheas de botellas, paquetes de patacas, restos de festas, algun que outro subnormal se lle ocorriu ponher o seu nome rascando pinturas do seculo XV, ou ponhendo a sua propia arte nas paredes...en fins , que hai xente que nace sen mans e non ten culpa e outros que haberia que cortarllas. Outras covas que habia no pobo estaban restauradas e servian de restaurante, hotel...Inda que habia zoas nas que parecia que dentro dunha destes montanhas habia unha cidade enteira, xa que case todolos habitaculos estaban comunicados, e habia montanhas das que caera xusto a metade e veiase todo o interios coas covas en seccion transversal. Incrible...podes pasar ali un ano e todavia non te aburririas de estudiar todolos recovecos deste lugar. De feito estivemos pateando tooooda a tarde, acabei cun dolor de pes que ata os callos berraban pedindo clemencia! Estivemos buscando unha cova para durmir dentro, pero fixosenos de noite e rematamos durmindo nun campeiro que o dia seguinte descubrimos que era unha vinha, e tamen conhecimos a dona, xa que apareceu para botarnos. Co que flipei foi as seis da manha que me despertou un ruido rarisimo, pensei que estaba sonhando, logo dinme conta de que non, estaba escoitando un dragon! Ou un lanzallamas, pero cando sain a comprobalo resulta que era un globo aerostatico que voaba por encima de nos...la madre que lo pario, vaia susto que nos deu a todos!!

ME GUSTAN LOS CAMIONEROS TURCOS

Montados no coche do pseudotaxista este, conducindo a fuego e apretados como sardinhas en lata (pero cando paramos a facer chofa o home comprounos unha chocolatina a cada un, que majo!) chegamos a Konya,pero non daba atopado a estacion de tren nin con miguinhas de pan. Pedimoslle que parase e que nos deixara nalgun lado, estabamos necesitados de cafe, caixeiro e intenne antes do tren...pero calquera atopaba a puta estacion!! Eu chegou un momento en que pensei que xa non existia, pero comprei un xelado e todo iso desapareceu! Por fin despois de patear e patear conseguimos dar coa estacion, fixemo-la reserva compramos uns kebabs, leite, pipas, e mentras esperabamos, a unha das rapazas que estaba con nos lle pediron un retrato e a cambio lle deron unha pulseira de cuentas que usan aqui para rezar. Logo o tren que collimos deixounos en Ulukisla, onde tinhamos que agardar unhas cantas horas ata o seguinte tren, asi que deixamo-las cousas na cafeteria da estacion (onde non falaban ingles, pero si aleman e ruso!) e fumos dar unha volta, pero convertiuse nunha aventura e nos na atraccion do pobo: aparte de que todo o mundo nos miraba, fumos ver unha especie de ruinas, sentamonos ali o solete...e de supeto apareceron uns cativos que o principio mirabannos e berrabannos de lonxe, pero logo achegaronse a preguntarnos de onde eramos, que faciamops, o principio faciannos gracia, logo xa tocaban as pelotas (sobre todo o graciosillo do grupo, Ahmed), despois apareceron outros pequenos que nos regalaron unhas flores. Estabamos cantando con eles, sacandolles fots, facendolles debuxos...e o lonxe apareceron sete cativos mais NOOOOON, demasie pal body!! Salimos de ali a fume de carozo e fumos buscar a tres da nosa panda que non puideran aguantar e largaranse antes, pero comezaron a seguirnos, e mentras que seguiamos caminhando se lles ian unondo todolos cativos do pobo!! Menos mal que de cando en vez saia algun adulto a espantalos. Fixemos acopio de viveres par o caminho e voltamos a estacion para colle-las mochilas e cear algo quente (ciorba de organos de porco. Tivemos que entrar na cocinha coma sempre para saber que carallo habia de menu e esa ciorba levaba ata cachos de dentes, pero estaba boa de carajo). Despois chegamos o seguinte pobo, Incesu, onde lle preguntamos o senhor da estacion se podiamos acampar na explanada que habia enfrente e primeiro dixonos que si, pero logo dicianos de durmir nunha das habitacions da estacion, pero non cabiamos todos e preferiamos durmir no campeiro, que aquel chan non se via moi confortable (inda que a min me tocaron duas pedras debaixo da tenda, unha en cada ril). Logo espertamonos as oito da manha coa sensacion de ser un polo asado. Cousas que ten chanta-la tenda sen saber por onde vai pega-lo sol pola manha! Pois arriba a desayunar, darlle pan a un cachorro escualido que habia por ali morto de fame e a preguntarlle o home da estacion onde carallo estaba Goreme, explicounos dun bus e o caminho a seguir, pero o chegar ali, nada, preguntamos a un senhor que habia na parada e mandounos a gasolineira, na gasolineira voltamos a preguntar e recolleunos un camioneiro, eu ia dicndo: "jo, que suerte tenemos..." cando zoupei, jodin a man esquerda (so feridas das pedras) e casquei o movil (pero seguia funcionando). Levounos ata un cruce e ali separabanse os nosos caminhos, pero ali mismo recolleronnos dous camions que nos levaron a unha gasolineira a 9 km de Goreme, ali fixemos un descansinho, comimos e logo comezamos a patear, pola estrada parounos un bus que por un modico prezo (eu sigo pensando que nos timaron) levounos ata o noso destino, ali compramos os alimentos da nosa dieta (pan, queixo e tomate), preguntamoslle o home se podiamos deixa-las mochilas ali, gardouno-las no almacen, un home en burro queria 7 euros por facer unha foto e logo puxemonos a patear.

COMENDO FLOWERS

Pola manha erguemonos e demonos conta de que a viaxe merecera a pena, estabamos nun sitio precioso!!! Fumos coller auga a unha fonte e no paseo vimos tendas, cabanas e casinhas de pedras, ramas e plasticos, unha parella de recen chegados que vinheran de Espanha nun tandem con dous cativos nunha especie de capazo cunha cortininha de tela. Ali facian a comida todos xuntos (comida para tropecentos) e cando ian comer berraban "Food Circle!" 3 veces e logo reunianse o lado da fogueira, facian un circulo, dabanse as mans, cantaban, logo meditaban (Ommmmmmmmmmmmmm) e logo sentabanse e comezaban uns cantos a reparti-la comida. Ese dia pola tarde fumos dar unha volta para ver por onde vinheramos de noite. Topamos un rio e a idea inicial era lava-los pes e a cara, pero a auga non estaba moi fria (e para ser un rio de montanha era un pouco estrano...seguro que mais arriba mexaban todalas vacas!), rematamos banhandonos en bolas, embadurnandonos con barro, con esta pinta de trogloditas facendo unha expedicion rio abaixo buscando un sitio para nadar, atopalo banharnos, darnos con xabon (inda que se te banhas con barro o xabon xa non fai falla) e a toma-lo sol. Logo a volta recollimos lenha, levamola a fogueira e xusto cando pasabamos preto da cocinha berraron "Help in the Kitchen!" asi que axudamos a prepara-la sopa maxica para a cea cortando verduras e remexendo nun caldeiro enooooooooorme. Iso foi o que mais me molou. Lavaban as cousas con cinza e facian pan chapati. Logo largamonos a ponher un xersei e logo a cear. O mesmo ritual e despois da cea ian pasando "o gorro maxico" uns cunha guitarra e cantando para recaudar fondos. Logo todos preto do lume, que de dia facia un calor de la ostia pero de noite un frio que cajabas, e a cantar e bailar.
O dia seguinte estivemos cocinhando arrocinho rico no noso camping gas e logo empaquetamos todo para irnos, ese sitio molaba, pero a Kapadocia estaba agardando por nos!! Comezamos a andar e recolleunos unha furgoneta de turcos que nos montou e nos levou de gratis ata Ibradi, ali topamos o cabron do conductor que nos deixara no medio da montanha tentando timar a outros que ian o festival, asi que avisamolos, que lles cobraba o doble que a nos!! Despois fumos comer como o meu estomago manda (carrrrrrrne) e despois de que nos tentaran timar (cando pedimo-la conta era unha burrada, e cando pedimo-la conta por separado a xente que comera o mesmo lle cobraban distinto!!) fumos acampar as aforas do pobo. E escollimos un sitio preciosoa lua as montanhas e o pobo coma nun conto. A manha seguinte erguimonos cedo para coller un maxitaxi para Akseki (outra vez, que dolor de ccabeza pensar en voltar a ese pobo de pirados), collimolo polo caminho e ala fumos. Cando chegamos o conductor quixonos timar dicindonos que eran 5 millons, cando nos botamos a rir e lle dixemos que xa foramos de Akseki a Ibradi por 3 millons e que era o que lle iamos a dar. Calou a boca e largouse. Despois coa axuda do mapa preguntabamos como ir cara Goreme, preguntando pobos onde poideramos colle-lo tren, blablabla...e o final un home que habia ali dixonos que nos levaba a Konya, que el tinha que ir, e que ali podiamos colle-lo tren, pero pagando. O principio pedianos unha burrada, pero lle dixemos que lle pagabamos o mesmo que nos ia cobra-lo bus, se lle interesaba ben e se non, o bus nos levaba fijo...asi que nos montou no coche a comezamos outra longa viaxe cara outras montanhas.

NA BUSCA DO VAL PERDIDO

O noso destino cando chegamos a Ibradi estaba preto...pero todavia lonxe. Chegamos ala e os amigos que nos agardaban no Rainbow dixerannos que se podia chegar facilmente en autostop, pero xa era moi tarde, ia anoitecer en breves e xa poucos coches habia. Tinhamos a opcion de quedarnos a durmir ali e tentalo a manha seguinte, pero xa levabamos dous dias de caminho e queriamos chegar XA, ademais de querer chegar para o cumple dunha das nosas amigas. Asi que falando cun home que era turco pero sabia ingles, resulta que o conductor do maxitaxi ofrecianos levarnos ata uns kilometros mais alo de Baslar, ata preto de onde quedaba o Rainbow, nos dixemoslle que xa postos nos levara ata ali, pero que non se podia ir. OK! Pagamos e ala nos leva montanha p'arriba, chegamos a Baslar (que non era nin un unha aldea, eran 4 casas catro cabras e 2 persoas, pasamos Baslar, xa era de noite, e de repente para no medio da estrada (bueno, caminho de carro), e que xa estaba, que ali nos deixaba. Pedimoslle que xa que o caminho estaba en boas condicions que nos levara mais lonxe...e claro que podia, pero queria mais cartos. Tentamos negociar, darlle pena...nada o home sen corazon deixounos ali no medio da nada, con vagas explicacions de onde tinhamos que ir e eu desexando que ogala se lle pincharan as catro rodas, lle explotara o deposito de gasolina, que se lle queimara o 75% do corpo, no 25% restante que tivera cancro e que despois pillara o SIDA, pa que o jastara todo en mencinhas!!
Botamos a andar nunha noite sen lua sen linterna nin vela, so a luz do meu movil. Seguindo o caminho que nos dixeran metimonos na primeira bifurcacion a esquerda, comexamos a escoitar o redor nas montanhas a ostia de cans ladrando e ouveando. Unha terrible dubida asaltounos, eran cans de xente?quen carallo vivia ali?cans pastores?cans salvaxes?lobos? Preferimos deixar de pensar e seguir andando, Chegamos a segunda bifurcacion e tamen collimos a esquerda (segundo nos dixeran), e apartires de ahi tinha que ser todo recto, ademais durante todo o que levabamos andando viamos unha especie de resplandor o lonxe, que estaba na direccion que nos indicaran, asi que suponhiamos que eran as fogueiras da xente. Pero de supeto topamos con outra bifurcacion, quedamonos pensando e metimonos a esquerda, inda que mentras avanzabamos vimos que enfilabamos cara unha montanha e que nos alonxabamos do resplandor, cando vimos unha luz que se movia o lonxe. Paramonos e comezamos a berrar preguntando: quen es? eres unha persoa? un coche? olaaaaaaaaaaaaa? facendolle luces co movil cando xusto o noso lado escoitamos un "GRRRRRRRRRRRRRRRR" ameazante, cagamonos pola pata abaixo e un preguntou "quen foi?" COMO QUE QUEN FOI? QUE CARALLO ERA ISO???!!! E non quedamos ali para averigualo, saimos de ali non correndo porque os animais se corres van a por ti, pero a paso acelerado e co cu ben prieto!! Voltamos o caminnho de antes e decatamonos de que iamos na direccion correcta porque atopamos un circulo con pedras cunha frecha. Andando andando chegamos a un bosque, onde non se veia o resplandor, pero tinhamo-lo caminho, ata que de supeto, rematouse. Nin caminho nin resplandor, paramonos e comezamos a escoitar outro ruido, para min todo eran monstros que nos querian comer, pero o resto dixo "tambores!yembes! Estamos preto! Sigamo-lo son!". Andivemos e andivemos, rematouse o bosque apareceu de novo o resplandor, non faciamos mais que atopar riachos e lagos, despois o resplandor convertiuse en lume, logo comezamos a vislumbrar persoas bailando, comezamos a facer sinais co movil, vironnos e oimo-la voz dunha das nosas amigas "Ola!" Comezamos a correr e a berrar"Os encontramos!" e o resto da xente que estaba ali gritounos: "WELLCOME HOME!!" Quedamonos ali con eles, cantamos ofreceronnos comida, e logo a chanta-la tenda de campanha e a sobar, estabamos molidos...

TURQUIA ESTA CHEA DE TURCOS!!!!

Alo me embarquei outra vez nunha aventura rumbo o pais da media lua. Comezamos co tren en Bucarest e 18 horas de viaxe para chegar a Istanbul (non Costantinopla). Despois de media hora apareceron os revisores, ticaron os biletes e logo veu un senhor a ponherno-las mantas, almofadas e sabas nun monton, poruqe iamos en vagon de dormir (vaia nivel...pero case me mato cun frenazo do tren por ir na liteira de arriba). Despois preguntounos pola reserva, que non tinhamos porque na estacion dixerannos que xa non se compraba ali, que se pagaba (5 euros) o revisor turco (que era este senhor) no vagon. Pero o gracioso chegou cando lle pedimos un ticket, unha factura ou algo que nos demostrase que lle pagaramos, e a parte de que non nos queria dar nada agarrouse un rebote tremendo, poruqe ofenderamo-lo seu orgullo (todo isto traducido por unha rumana que andaba por ali, porqu eo home so falaba turco) asi que agarrou toda a roupa da cama e largouse dicindo que nos ia botar do tren. A senhora que nos facia de traductora dixo que non habia problema, que ela tamen pagara e non lle deran nada, que era normal...NO PAPER NO MONEY!! O malo era que dous estabamos a favor de non pagarlle e agarrarnos o asento se nos tentaba botar e os outros dous non, asi que pola sua seguridade, alo fumos a pagarlle, pero o home tinha moito orgullo e oi ofendido estaba, porque nin cartos quewria desta, so queria botarnos!! Cajonacona que o botou...pero os dous a favor de pagarlle foron suplicarlle (os dous en contra quedamonos comendo pipas) e o final aceptou e veu todo sorrinte a darno-lo que nos quitara, falando con nos por medio da traductora todo amable...asin te pilles hongos en la pilila, cabron!!
Despois de tropecentas horas de viaxe, na madrugada despertaronnos porque habia que baixar na fronteira para paga-lo visado (10 euros por 3 meses en Turquia sen dereito a traballar, yuju!), alo fumos coa leganha posta e despois de que unha vella rumana se me intentara colar, a agardar outra cola para a estampinha. Logo volta para a liteira ata que amanecimos en Istanbul. Ali fumos tomarnos un desayuna nunha terraza, onde como eramos un rapaz e tres rapazas todolos turcos andaban coa conhita do sultan e o harem. En fins...Collimos un ferry para atravesa-lo Estreito do Bosforo (se nonme engano, inda que o meu culto tio licenciado en Jografiaistoria podera corroboralo ou non),mareandome, por suposto, e despois de ir a outra estacion de trena face-la reserva, puxemonos a patear un pouco polo porto e logo polas ruas pequeninhas de ali preto. Inda que como iamos cos peazo de mochilons pois non andivemos moito e case que nos quedamos un bo cacho nunha terracinha xogando os dados, total, iamos voltar a Istanbul a pasar unhas dias despois do recorrido turco que tinhamos planeado.
Cando o reloxo marcou a hora, arrancamos cara a estacion, aprovisionamonos nas tendinhas con comida e preparamonos para viaxar outra noite enteira no tren, pero sendo catro e con tres reservas (que non habia mais), ou sexa, tres asentos. Confiabamos en que quedara alun asento libre para que alguen aposentara o seu cu...pero non, foron aposentados tres en dous asentos e o afortunado sultan noutro (porque estaba enferminho, que se non...). Foi un dos peores trens da minha vida...estaba novinho e o banho era maravilloso, pero non podia durmir!! E pasoume unha cousa curiosa: fun o banho a facer pipi, logo popo, lava-las mans e a cara; e claro, debin de tardar moito, porque cando sain un dos revisores non dixome algo en turco e eu non entendin nin papa, asi llo dixen e cando viu que era estranxeira, riuse, dixo outra cousa en turco sinalando dentro do banho e enton toda a xente que estaba ali no descansinho esperando para baixar na seguinte estacion comezou a mondarse da risa!! Eu largueime de ali de color tomate...que gracia, oyes, Paco!!
Despois de sentarme e non durmir, fixemono-la picha un lio no medio da noite porque nos dixeran a hora e onde tinhamos que cambiar para coller un bus (precio incluido na reserva do bilete, que mais adiante veriamos que non facia falta, cartos tirados gracias a un ventanillista de estacion gilipollas), pero a hora adecuada o nome da estacion non era o mesmo, preguntamoslle a uns rapaces que andaban por ali na estacion e dixeronnos que os seguiramos, pero cando iamos andando un revisor preguntounos dende o tren: "Isparta?". Si! Pos que iamos mal, mandounos para a via do lado, onde habia xente montando noutro tren, os rapaces nhordos de antes seguiannos e alo nos metimos, a ver se chegabamos a Isparta ou a Madagascar. Un tren onde puiden durmir, un tren coma os de Rumania...que mal acostumbrada estou!
O final si que chegamos a Isparta, e na estacion outra vez la picha un lio, porque queriamos ir a Baslar, e o home dicianos que as dez habia un tren (todo esto por senhas, que se ingles nin papa), pero non habia nada nos horarios, asi que tiramos de mapa e asi nos dixeron que de tren nada, nin preto nin lonxe, bus e a mamala. Pois ande ta la estacion, matarilerilerile? Nos dixeron que foramos en taxi, pero cando lles dixemos que non, que nos explicaran onde estaba, que non tinhamos cartos, un deles dixonos que o seguiramos, levounos pola estrada ata un cruce principal e ali explicounos, pero despois pensouno mellor e parou a un coche para que nos levara. E asi foi, deixounos na estacion e sen cobrarnos nada. So as gracias. Ali compramo-lo bilete de bus para Antalya elogo unha horinha tomando un te mentras Lorenzo nos quentaba.
Montamos no bus e vaia nivel de bus!! Coma un avion, con azafaifo que che daba te ou cafe ou cocacola e pastinha, e logo caramelinhos e toallinhas para limpa-las mans...e as vistas preciosas, xa que estabamos atravesando pola montanha. Despois dun par de horas chegamos a cidade, e na estacion preguntamos onde carallo quedaba Baslar e de que non o souberan apareceu un home que si que o sabia, conductor de maxitaxi, pero que nos levaba a un pobo preto e que despois tinhamos outro maxitaxi que nos levaba ali. Fiamonos del e mal que fixemos, xa que se colleramos a segunda opcion que tinhamos, de ir a Ibradi houberamos chegado antes e mais directo...pero como el saia inmediatamente e a outra opcion facianos agardar duas horas e queriamos chegar ese dia a Baslar, xa que ali tinhamos mais amigos, e unha das rapazas ali estaba de cumple ese dia e queriamos felicitala. Que claro, entre tanto lio de cidades case se me esquece explica-lo destino e o por que:iamos a un encontro hippie chamado Rainbow a oito quilometros da susodicha Baslar. Pois retomando, alo fumos con este home para Akseki, onde non habia outro maxitaxi inmediatamente, nin sequera sabiamos cando, porque nos estiveron puteando de mala maneira durante tres horas dicindonos distintas horas, prezos... e mentras quixeronse facer mozos de duas das rapazas, a xente se nos quedaba mirando de pe na calle comendo pipas (como se foramo-lo cine!!), nos invitaron a un te, compramos comida, conhecimos a uns hippies que iban o Rainbow (e menos mal, porque so o conductor cabron nos dixo que sabia dese festival, o resto dos turcos os que lles preguntamos non sabian nada). Un que era rumano e estivemos falando con el en rumano e un vello que era todo un personaxe: vestido de branco, con pelo largo e branco, un turbante branco e unha barba branca e longa, cun caxato e unhas gafas sen patillas colgadas do pescozo e coa sua muller hippie de rastas grises. Nos confirmaron como ir e nos ofreceron o unico sitio que tinhan no coche, pero preferimos estar todos xuntos. Inda que case nos voltamos tolos nese pobo, chegamos a pensar que era coma estas peliculas de serie B cun pobo de tolos que non deixan marchar os extranxeiros recen chegados...pero o final largamos a Ibradi nun maxitaxi petado de xente e con unha canadiana que chegou o pobo e ia caminho do Rainbow, outra mais para o harem! E en Ibradi comezou o noso caminho para comer flores cos hippies....

OS TAXISTAS RUMANOS: APATRULLANDO LA SIUDA!!!!

OS TAXISTAS RUMANOS: APATRULLANDO LA SIUDA!!!!

Dentro de todalas persoaxes que poida ter Rumania, teñen Mencion Honorifica Especial os taxistas. Aparte de que neste pais parece que os que teñen carnet deronllo na Tombola do Cubo, os realmente perigosos son os taxistas. Acabas montandote sempre nun taxi porque son baratos, porque es vago e sobre todo no inverno porque fai frio. Pero unha vez dentro os webos poñenseche de corbata cando recordas o perigo que corre a tua vida...pero xa pechache a porta e non hai volta atras. Para non ver contra que coche, farola ou calquer cousa o efecto vaste espetar sempre podes tentar distraerte coa musica que levan a toda ostia (que por un lado evita escoita-los pitidos do resto dos automoviles) a cal pode variar dende pop rumano, musica xitana rumana (manele) ou inclusive Bisbal ou o Papichulo; o tunning chungo de la muerte: cristais de atras tintados nun R12, alerons, pegatinas... ; ou a decoracion, que parece escollida de entre o mellor do que podes atopar nun cadea cen (kitch total) e unha rica variedade de cruces, santos, cristos, estampitas e virxes que levan, que parece que vas con Sor Citroen de peregrinacion a Lourdes. A min o que mais me ten traumatizado indo nestes taxis e atoparme un taxista que levaba un CD de Ricky Martin pegado no parasol. Outro que dando unha curva (e chunga a curva) quitou unha man do volante para santiguarse porque pasabamos por diante dunha Igrexa (e aqui os ortodoxos santiguanse tres veces seguidas!), eu en vez de dar gracias a Deus case que me estaba cagando na Virxe! Despois vanche pasando cousas curiosas dependendo de onde esteas e o longo que sexa o traxecto. Xa independentemente de que che tiren os tejos ou che falen do fillo tan simpatico e guapo e estudioso e traballador que teñen, podeste poñer a falar co señor taxista, caerlle ben e que che rebaixe uns leis, e sobre todo hai que mirar se levan taximetro (que hai alguns que non o levan e con eses e mellor pacta-lo prezo antes ou non montarse; como un co que fun da estacion de tren o aeroporto en Bucarest e que levaba tamen a dous rumanos e como as maletas non lle cabian no maleteiro, o notas atou a porta do maleteriro o tubo de escape cunha corda e tira p’adiante), se levan taximetro que o enchufen e que leven tamen o prezo correcto, que isto de ser extranxeiro e que se che note e chungo (pero en calquer pais). Sobre todo hai que ter coidado cos taxistas de Bucarest. Son mais peligrosos que un mono con navalla e pistola. Cando voltei de pasa-la Semana Santa en España o taxista que nos levou a estacion de tren aparte de que era tan agradable coma que che meteran unha piña polo cu, cando baixamos, despois de inventarse que lle tiñamos que pagar 10.000 lei mais por non sei que da equipaxe; estabamos subindo a acera e oimos un "cataclon!" as nosas espaldas. Resultou que se me esquecera un botellin de auga no taxi e en vez de avisarme, de bebelo ou de tiralo na proxima papeleira, pois non, guindounolo e menos mal que non nos deu. CABRON! Asi te gastes todos tus dineros en medicinas!!

DE VIENA A PRAGA TIROTE PORQUE ME DA A GANA

DE VIENA A PRAGA TIROTE PORQUE ME DA A GANA

Cando pillamo-lo tren que ia de Viena a Praga pensamos que era directo. Despois a informacion que nos deron na estacion sobre onde, como, cando e a que hora cambiar de tren, era distinta cada vez que lle preguntabamos a un revisor. O final unha hora despois de comeza-lo camiño ee soporta-lo vagon cheo de adolescentes italianos en excursion da escola, baixamos nunha estacion que non tiñamos nin puta idea de onde era (sospeito que na Republica Eslovaca) cun rapaz arxentino qe ia o mesmo sitio ca nos. Alo imos a preguntarlle a un revisor que tiña peor ingles ca min (que xa e dicir) e dixono-lo numero da linia que era, alo fumos a busca-la linia cando nos decatamos de que en cada linia habia tres ou catro numeros. Volta a preguntarlle o señoriño que nos sinalara cal era a linia que nos dixera, contestano-lo numero e dicimoslle que no-la sinale co dedo!! Pois o tio mais que traballar na estacion, por moito uniforme que levara, parecia que vendia patacas PORQUE NON SABIA QUE LINIA ERA. Seguimos tentando atopala e alo desaparecen o tren no que chegamos e o señor inutil da estacion. Quedamos calados, sos, e sen saber onde nin que facer. Nevando...e de supeto aparece un home cunha chave inglesa, pero que non sabia ingles (nin el nin a chave) e o rapaz arxentino por señas consegue que o home lle indique a linia onde debe para-lo noso tren. Ali quedamos agardando ata que apareceu un tren. O home da chave inglesa corre cara nos e metenos no tren, literalmente, inda que non sabianos fijo se era ese, pero non lle discutimos nada (como para levarlle a contraria...vos non vichede-lo tamaño da chave inglesa!). Metemonos nun compartimento e cando chega o revisor algo-anglo-parlante confirmanos que estamos no tren acertado pero no vagon errado (vayanse a segunda clase, plebeyos). Fumos ali felices coma perdices, aposentamo-lo noso cu e de supeto o tren pega un frenazo. Nos estamos acostumados nos trens rumanos a este tipo de conduccion, asi que cando apareceu o arxentino todo alterado, comezamos a explicarlle que na Europa do Leste os carnets de conducir danse a cambio de tres etiquetas de Anis del Mono; pero o rapaz dixo que calaramos e miraramos pola fiestra. Asi o fixemos e vimos como os do passport control lle estaban a pegar unha paliza a un tio, o tiraban do tren (delicadeza das suas partes paralo antes, oes) a neve. E menos mal que habia neve, que a distancia entre o chan e otren era considerable...despois miraron os energumenos estos cara nos, enfocaronnos cunha lanterna e mandaronnos meter pa dentro. Asi coma pechamos a fiestra voltamola abrir e vimos coma o home corria detras de tren que comezara a andar deixandoo con duas bolsas e a baixo cero no medio da neve. Non habia nin unha casa, nin un arbol...nada. So neve. Cando nos alonxabamos e o iamos deixando na escuridade pensei que ese home ia morrer ali so. Non o sei. Nunca o saberei.

VECINHOS RUMANOS...VE-LO PARA CREELO

VECINHOS RUMANOS...VE-LO PARA CREELO

O outro día chamounos á porta unha vecinha para dicirnos que morrera a do sexto, e despois de darlle as condolencias por unha senhora que non conheciamos de nada, díxonos que se queriamos aportar cartos para unha coroa de flores que ian a ponher de tódolos vecinhos. Po zi, dimos cartos e logo preguntaronnos que iamos facer ó día seguinte ás 11 da manhá, pensamos que era por ir a misa, así que dixemos que non, que tinhamos clase, e menos mal, porque segundo dixo ela "qué pena, porque necesitabamos homes -dicíao polos meus companheiros de piso- para baixa-lo ataúde polas escaleiras". Ahhhhhhhhhhhhhhhhh!! Nin jartos de gùisqui!!!
E doutra vez ía eu pola rúa e unha vella saiume polo balcón e díxome algo sinalando ó chan. Eu pensei que lle caera algo, pero non. Tiroume unha bolsa e díxome que dentro había dinheiro e que lle fora comprar unha botella de vinho. Eu quedei tan flipada que o único que se me ocorreu dicir foi "branco ou tinto?", e aló fun polo vinho morta da risa. Despois tiroume unha corda, atei a bolsa e subiuna; díxome que era moi guapa e moi boa e que agardara, que me ia baixar un regalinho, pero chegaba tarde que quedara cunha amiga e funme...e despois arrepentinme...a saber o que me daría...

NUNCA VAIAS COMER CIORBA DE BURTA AS 7 DA MANHA...

Unha noite en Decembro en Bucarest saimos e comezamos nunha festa dun rapaz que remataba a estadia e voltaba o seu pais. Era unha festa extranha, porque sendo unha festa Erasmus case non habia ninguen. Despois de estar varias horas e ver que ninguen aparecia, quedamos todos no Club A, pero polo caminho comezamos unha guerra con bolas de neve que acabou nunha batalla todos rebozados pola neve e metendono-lo blanco e frio elemento este por todalas partes que atopabamos (e con secuelas, que o dia seguinte un tinha o labio morado, a min rompeume o abrigo...), total, que tardamos tanto zoscandonos pola rua que xa non habia ninguen no Club A e nos piramos a outro lado, o Club Fire. pero este novo sitio inda que estaba aberto nn servian mais bebidas, pero un que iba con nos cando lle preguntaron de onde era e contestou que de Belxica lle dixeron: "Incrible! Tres cervexas gratis!" E quedamonos ali a bebelas co dono do clube, o camareiro, a moza, un que dicia que era periodista, outro que dicia que era emperador e un puto gordo de merda. E digolle puto gordo de merda porque a parte de darme a chapa no Fire o que quixo e mais, cando definitivamente nos botaron do Fire o gordo dixo que iamos todos a comer unha Ciorba de Burta, que e sopa de estomago de vaca. Como comprenderedes, non e a comida que mais pode apetecer a esas horas e con tantas cervexas no corpo.
Pero alo fumos todos a un restaurante. Todos con mais cervexas, eu cunha sopinha de champinhons. Outra cunha tortilla e o puto gordo coa sua ciorba de burta comendo coma un puto porco, botandolle nata, aceite e pementa a saco a ciorba, e dandome bicos na man e na cabeza. Non paraba de preguntarlle a minha amiga se tinha trozos de burta no pelo...e se me achegaba cada vez mais e o final acabei estoupando, levanteime, mandeino a merda e dixenlle que me deixara en paz (todo en rumano, pa que vexades que son unha boa estudiosa do idioma local, inda que con acento moldavo). Despois de que o puto gordo se fora, todo voltou ser o todo o normal que se pode cando estas cun tio de case dous metros que parece un vikingo dicindoche que non te portes asi cos teus amigos, un o lado que che di que e un emperador, o que matou a Cleopatra (por moito que me cansei de explicarlle que esta faraona suicidarase non lle entrou na cachola), outro soltandoche o rollo de que e un periodista famosisimo que escribe en periodicos de todo o mundo e o resto borrachos coma cans. Despois saimos de ali, xa era pola manha e facendo que eramos madrugadores collimo-lo periodico e fumos pa casa.

DECALOGO: Ir de Erasmus a Rumania

DECALOGO:  Ir de Erasmus a Rumania

1- Tes que ter ganas de ir.
2- Tes que te-la mente aberta e non sorprenderte de nada, porque se non vas sorprenderte de todo.
3- Non te fies de ninguen e menos dos taxistas de Bucarest.
4- Se ti mesmo e pasa dos rumanos. Tentar comprendelos e unha perda de tempo e de neuronas.
5- Proba toda a comida que poidas, esta todo riquisimo. Pero atente as consecuencias...
6- benvido a cultura da cervexa. O de ir a "tomar duas cervexas" aqui cobra un senso distinto.
7- Viaxa. Todo o que poidas (e en tren, que tal e como estan as estradas e como conducen estos e case un suicidio). E coidado cos revisores, tentaran metercha dobrada!
8- Comprende que non estas no teu pais. Se non, irache fatal. F.A.T.A.L. Fatal!
9- O rumanos son moi feos, sen embargo as mulleres son moi guapas, pero non foden.
10- Non te preocupes polos estudios, vas sacar moi boas notas!!!

A SEÑORA IRENE CREO QUE SE CHAMABA A VELLIÑA

A SEÑORA IRENE CREO QUE SE CHAMABA A VELLIÑA

Pois o 29 de Decembro collimos unha amiga o mozo e outra rapaza e comezamos unha rutiña polo oeste de Rumania. Despois de viaxar dende as 8 da tarde cambiando de trens, finalmente chegamos a Sighetu Marmatei, un pobo preto da fronteira con Ukrania. Pillamos a un señor que iba nunha calandraca que el chamaba coche e facia de taxi e dixemoslle que nos levara o seguinte pobo. Polo camiño preguntamoslle por un sitio onde durmir e resultou que ali non habia sitios para durmir, inda que nos dixo que seguramente podiamos quedar nalgunha casa a durmir; asin que alo fumos a preguntar a tenda da aldea e dixonos que preguntaramos seis casas mais adiante. 1,2,3,4,5,6... baixo do "taxi" e entro nunha cociña cunha velliña pelando patacas, un velliño durmindo o lado. Preguntamos e despois de dar explicacions por señas, porque a señora non sabia rumano, acabamos nunha habitacion durmindo sobre colchons de palla e o lado dun salgueiro con touciño e dunhas costeletas colgadas a curar. Durmimos toda a maña e comemos unha sopa con chouriciño e entre ñam e ñam resultou que o que eu pensaba que era dialecto do rumano que falaba a señora resultou que era hungaro, porque estabamos nunha comuna hungara. Despois un veciño levounos a ve-lo "Cimitiriul Vesel=Cemiterio Alegre", que lle chaman asi porque a xente dos maramures, que e unha cachonda mental (se entendes o sentido do humor dos rumanos, claro) dedicase a poñer nas lapidas (que son placas d madera pintadas de colores) como morreu a persoa con debuxo explicativo e poema. Habia un pastor que parecia que estaba tocando a trompeta e resulta que o que tiña era una escopeta na boca, un rapaz que morrera no patinando nas vias do metro de Paris...outra mostra deste humor e un epitafio que di: "aqui xace a miña sogra, se chega a vivir un ano mais, estaria eu aqui no seu lugar".
Despois de dar unha volta polo pobo e ver como se curran a decoracion das casas con madeira tallada, azulexos e cemento de cores, cagadiños de frio fumos tomar un vin fiert (viño quente), cando chegou de volta o veciño levounos de volta e fumos cear. Adoro a esa velliña, que comida mais rica, pero antes de cenar nos meteron palinca (unha cousa coma a augardente, pero que a toman antes de comer en vez de despois) logo non vexas ti como nos entraron o pure de patacas, cun embutido da casa fritido con cebola e ensalada de varza con pementa e vinagre, e todo acompañado de viño da casa, o vello veña a encherno-lo vaso, acabamos case falando hungaro, que tajada, madre!! E como cearamos as seis e media, coma as jaliñas, as nove e pico fumonos para a habitacion a bebe-la botella de cervexa que compraramos para ameniza-la noite (inda que xa estaba amenizada de por si) e a xogar o chinchon. E polo medio cada dous por tres a mexalo todo no baño, que non era outra cousa que un caseto na eira que parecia que ia caer cun asento dentro cun furado por onde mirabas e podias ve-la merda conxelada do frio que facia. Nunha destas andadas atopeime o fillo dos señoriños e ensinoume os porquiños que tiñan, inda que eu tiña medo de que realmente me fora ensinar outra cousa...
O dia seguinte a velliña trouxonos pola maña unha palangana con auga quente e unha pastilla de xabon para lava-la cara (inda que primeiro haberia que lava-la pastilla!) e preparouno-lo desaiuno: ovos fritidos coa ensalada de varza da noite anterior e...un viniño! Despois largamos e seguimos a aventura.

PADRE, MADRE, DECIDIN UNHA COUSA...

Este articulo si que non e cousa de moita risa. O sabado fun outra vez coa miña amiga o xinecologo. Esta vez iba preparada psicoloxicamente para ve-las interioridades da muller, pero para o que non ia preparada era para ver nunha hora que estivemos ali agardando ver desfilar a polo menos 5 ou 6 mulleres para abortar. Primeiro metiannas segundo ian chegando nunha habitacion para que se desvestiran e puxeran unha batiña e logo as levaban por turnos a habitacion de enfrente, que era a sala de interrupcion do embarazo. Non entraban con moi boa cara e saian agarrandose o ventre, camiñando como Chiquito de la Calzada e case chorando cando non acababan chorando; logo de volta a mesma sala da que sairan tods xuntiñas e saindo o pouco rato e pa casa. Despois disto decidin que se me quedo preñada, non penso abortar. Que mal, que impresion. Padre, madre xa sabedes que como quede encinta, seredes abuelos sen duda!

Non sei por que carallo isto vai de abaixo parriba en vez de ir darriba pabaixo. Sera porque isto e Rumania? Non, e porque son unha negada!

Por certo, que despois a muller estaba toda intrigada en saber como era o interior da sua rajita de poder e lle fixen un debuxo explicativo!

HOXE HOUBO UN ANTES E UN DESPOIS DA MINHA VIDA

Estou en Rumania. Hoxe acompanhei o xinecologo a unha amiga. Para facer de traductora e de apoio moral. Primeiro lle fixeron unha ecografia, todo ben, logo exploracion de peitos, o medico explicandome o que lle notaba e eu traducindo, ata que de repente me manda tocarlle un peito para que o comprobe por min mesma. Puxenme colorada coma un tomate e a outra case lle da un ataque de risa. Logo analise de orina (menos mal que non me mandaron aguantarlle o tarro!). O mellor foi cando a espatarraron na camilla. Eu pudorosa de min coloqueime xunto a sua cabeza para non ver o que non debia ver...ata que o doutor me preguntou se algunha vez vira un chocho..pois so en pelis porno e en revistas! Pero non, mandoume o senhor ponherme o seu lado mentres me explicaba todo o que estaba vendo...vaxina, cuello do utero...todo!!!Nunca chegara e ese nivel de conhecemento dunha amiga senhores e senhoras!! e unha experiencia para a que hai que estar preparada. En Rumania all is possible!! Como compensacion ademais o xinecologo dixolle a minha amiga que a proxima vez que vaia eu lle vai ensinar todalas minhas interioridades a ela. Isto e un intercambio cultural e o resto merda!!!!

De volta p'arriba

De volta p'arriba

Saimos de Tesalonica para Bucarest as 23:53. Tentamos colarnos no vagon de durmir pero non puido ser. Tocounos nun compartimento cun xapones que estudia film en Coventry e que esta facendo o interrail e unha grega borracha cun gorro de pelo branco que nos deu a beber nun vaso un licor medio brancuzco (ponse asi o botarlle auga, que antes e transparente pero non me acordo do nome) que ulia a Bronquidiacina, un xarope para a tos que tomaba eu de pequena. Cando chegamos a Sofia tivemos que cambiar de vagon e case morremos conxeladas de frio na estacion. Cando montamos no novo vagon o frio non cambiou nin dentro do saco: a porta non frisaba, habia dous respiradeiros e ata que chegamos a Rumania non puxeron a calefaccion. Pasamos toda a viaxe tentando hibernar. O mediodia (ainda en Bulgaria) apareceron dous revisores e pedironno-los billetes, demosllos, viron que non tiñamo-la reserva, e iso que preguntamos na estacion a ver se precisabamos algo e dixeronnos que non. Explicamoslles isto pero que nada, que no hay tu tia e que tiñamos que pagar 10 euros. Bueno, ese era o prezo da reserva cando fumos de Bucarest a Tesalonica, pero cando lles pedimos un papel conforme pagabamos a reserva, non nos querian dar nada, que non facia falta. Los cojones. No paper, no money. E cada revisor que viñera desp[ois o mesmo, non? Veña a discutir ata que se cansaron e se piraron. Nin voltaron aparecer nin nos botaron do tren, e iso que pasara o suposto xefe do tren por ali e falaran de non sei que da policia. A timar a outras! Voltamos vexetar nos sacos e pouco despois de pasa-la fronteira con Rumania outro revisor veu co mesmo conto, ensinandonos nun papel que tiñamos que pagar 20 euros (!). Veña, ho, con esos cartos me vou en taxi ata Bucarest e sobrame diñeiro!! Pedimoslle que nos ensinara de novo o papel, poñia o prezo nunha calculadora, que non, que queremos ve-lo papel, ensinanos outro, pensou que non sabiamos rumano e naquel papel o que habia escrito non tiña nada que ver co que nos estaba dicindo...largouse co billete e co meu pasaporte, volta os 5 segundos, pecha a porta e dinos: "vale, cnato lle pagachedes os revisores bulgaros?". Sabia o dos outros porque llo contaramos, o que non sabia e que non lle pagaramos nin un puto peso, e cando lle contestamos "nothing" cabreouse preguntounos se eramos estudiantes ou turistas (sempre somos turistas, of course) tiroume os billetes e o pasaporte e dixonos boa viaxe pero con ganas de que romperamos as duas pernas. Incrible. Intentan timarte e inda por riba enfadanse... O peor foi que chega o xapones, que estaba noutro compartimento e contanos que el pagoulle 10 euros, nos explicamoslle que non tiña que pagar nada, e foi darlle a paliza o revisor e devolveulle os cartos. Que sorte tivo! O final veuse con nos o compartimento xunto cun aleman e un arxentino que non tiñan luz no seu. O arxentino e unha persoaxe moi peculiar. Con ese acento, contandonos historias e facendonos chistes o principio pode parecer un tipico pesado dos que atopas nun tren, pero so cando che di que che vai contar algo pensas iso. En canto comeza as historias, desaparece esa idea da tua cabeza o mesmo tempo que se che debuxa un sorriso na cara.