|
Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2004.
16/12/2004
Larissa Estou de viaxe por Grecia. Atrenicei pola manha en Larissa, cidade onde estivemos vendo unha acropolis que son catro pedras soltas e un anfiteatro que descubriron recentemente do s.III a.C. Parece ser que e bastante comun por aqui ir plantar unha pataca e que che apareza unha ruina do ano catapun. Pola noite collo outro tren , pero en direccion a Atenas, onde penso ver amencer cun bocadillo e metida no meu saco. xa veremos que tal sae a cousa. Ista e unha cidade pequeninha e tranquila onde tenhen un belen viviente que da moito moito medo:o neno Xesus move a cabeza de un lado a outro (parece o primo do boneco diabolico) esta a virxe, os tres reis magos e como sempre San Xose recluido e apartado coma un don ninguen nunha esquina.
26/12/2004
Atenas! Despois de deixar Larissa de noite tras aguantar a un estupido na estacion mentres estabamos cenando un bocadillo mirando para o rapaz este que non facia mais que falarnos en grego e nos que non entendiamos nada cagandonos nel, no tren ata Atenas non durmimos nada, foi o tren mais incomodo da miña vida e mira que eu ata durmo de pe!! 5:30 da maña, legañas nos ollos e un cafe negro. Deixamos as mochilas na consigna e metimonos no metro. Primeira parada: monte Licabeo. Esta no medio da cidade, pasamos polo medio dun mercado, compramos unhas laranxas e puxemonos a subir, cando chegamos arriba decatamonos de que valera moito a pena. Unhas vistas impresionantes e descubrir que Atenas e enorme. Ata onde nos alcanzaba a vista habia edificios, e no medio deles, de repente e sen avisar nin gardar relacion ningunha saltaban a Acropolis, o templo de Zeus ... perdidos no tempo e no espacio. E nos vendo isto soas. Nun cumio cunha igrexa, en silencio. Impresionadas. O pouco rato apareceu unha señora velliña que abriu a igrexa e comezou a falar con nos (que lles pasa os gregos?, non se decatan de que non entendemos? alomenos esta muller era agradable), deixounos entrar e en 5 minutos pechou e voltou baixar. Estrana muller. O resto do dia pasamolo no templo de Zeus (que pequeniña me sentin o lado dunhas columnas tan grandes), fumos a un cemiterio cheo de esculturas e monumentos funerarios do mais variopinto. a entrada habia unha escultura de bronce tumbada enriba dunha lapida que parecia unha xudia dun campo de concentracion nazi nunha pose horrenda coa cabeza caida por fora da lapida e un bebe aferrado a un dos seus costados que parecia un demo chuchandolle a vida ou un bebe desesperado. Haiche gustos para todo! Eu dediqueime a sacar fotos por aqui e por acola e decateime de que todo estaba cheo de gatos. Gatos gordos. Gatos que te miraban. Gatos gordos que te miraban subidos en tumbas. Por que estaban tan gordos? Por que me miraban? Eran cariñosos, pero acabaron dandome mal rollo. Un dos vixiantes dixome que non se podian sacar fotos, eu comecei a tirarme a historia de que era unha artista que estaba viaxando por Europa do Leste cun traballo sobre os cemiterios...case non o cria nin eu, pero o tio que non falaba moito ingles dixome que o seguira, e ante a perspectiva de que me quitara o carrete, dixenlle que gardaba a camara. Total, xa tiña fotos suficientes!! Na visita a Acropolis flipamos, e decicimos o final quedar un dia mais para velo todo con calma, e ademais porque os horarios de trens para voltar a Tesalonica saiannos moi caros e os horarios non nos conviñan. Case nos matamos baixando por unha rocha (como resbalaban as cabronas) e a min os guardias fartaronse de pitarme e de dicirme "don’t touch" e que por onde estaba metida estaba prohibido andar. Pesados! Pechaban as 5 e nunha das saidas atopamonos na zona vella de Atenas e cun mercadillo. Mais alegrias para os ollos pero tristezas para os petos, que o meu andaba mais teso... ademais non se pode ir a Grecia despois de vivir en Rumania...a diferencia e abismal!! Preguntando por un sitio barato pa durmir un rapaz levabanos a un albergue, pero non nos queria dicir onde era, so nos levaba, mal rollo. Gracias pero temos prisa e adeus moi boas. Non se pode ser tan guapa.Jeje. O final cando fumos a polas mochilas a estacion e despois de librarnos duns taxistas que nos querian timar, co metro e unha guia acabamos nun albergue da REAJ baratillo e de puta madre, onde ducharnos, durmir e soñar a gusto por 8 euros e pouco. Fantastico. O dia seguinte erguemonos e...chove!! Bueno, que non nos pase nada mais malo. Tomamolo con calma e fumos o mercadillo, voltamos a Acropolis, metimonos no museo onde nos miraban con cara de "claro, claro, agora que choveentrades,non?" Unha merdiña pero vin cousas interesantes (xoias, dados, moedas...)inda que o que mais me sorprendeu foi..unha piña (unha piña de prende-lo lume, entendese). Despois inda que chovia fumos a agora romana e a ve-la Torre dos Ventos. Foi unha pena que non nos pararamos mais tempo, pero entre que chovia e despois comezou a arreciar...e que iamos contra reloxio! Fumos a fuego a pillar uns bocatas, pero a muller era mais lenta co cabalo do malo. Case se me abre unha ulcera co nervio. Aesa muller ninguen lle dixera que "lo bueno si breve dos veces bueno" (excepto no sexo). O final chegamos a tempo a estacion e incluso tivemos que agardar polo tren. Pero prefiro iso a perdelo! Dende o tren dixelle ata outra a Atenas. Voltarei... De volta p'arriba Saimos de Tesalonica para Bucarest as 23:53. Tentamos colarnos no vagon de durmir pero non puido ser. Tocounos nun compartimento cun xapones que estudia film en Coventry e que esta facendo o interrail e unha grega borracha cun gorro de pelo branco que nos deu a beber nun vaso un licor medio brancuzco (ponse asi o botarlle auga, que antes e transparente pero non me acordo do nome) que ulia a Bronquidiacina, un xarope para a tos que tomaba eu de pequena. Cando chegamos a Sofia tivemos que cambiar de vagon e case morremos conxeladas de frio na estacion. Cando montamos no novo vagon o frio non cambiou nin dentro do saco: a porta non frisaba, habia dous respiradeiros e ata que chegamos a Rumania non puxeron a calefaccion. Pasamos toda a viaxe tentando hibernar. O mediodia (ainda en Bulgaria) apareceron dous revisores e pedironno-los billetes, demosllos, viron que non tiñamo-la reserva, e iso que preguntamos na estacion a ver se precisabamos algo e dixeronnos que non. Explicamoslles isto pero que nada, que no hay tu tia e que tiñamos que pagar 10 euros. Bueno, ese era o prezo da reserva cando fumos de Bucarest a Tesalonica, pero cando lles pedimos un papel conforme pagabamos a reserva, non nos querian dar nada, que non facia falta. Los cojones. No paper, no money. E cada revisor que viñera desp[ois o mesmo, non? Veña a discutir ata que se cansaron e se piraron. Nin voltaron aparecer nin nos botaron do tren, e iso que pasara o suposto xefe do tren por ali e falaran de non sei que da policia. A timar a outras! Voltamos vexetar nos sacos e pouco despois de pasa-la fronteira con Rumania outro revisor veu co mesmo conto, ensinandonos nun papel que tiñamos que pagar 20 euros (!). Veña, ho, con esos cartos me vou en taxi ata Bucarest e sobrame diñeiro!! Pedimoslle que nos ensinara de novo o papel, poñia o prezo nunha calculadora, que non, que queremos ve-lo papel, ensinanos outro, pensou que non sabiamos rumano e naquel papel o que habia escrito non tiña nada que ver co que nos estaba dicindo...largouse co billete e co meu pasaporte, volta os 5 segundos, pecha a porta e dinos: "vale, cnato lle pagachedes os revisores bulgaros?". Sabia o dos outros porque llo contaramos, o que non sabia e que non lle pagaramos nin un puto peso, e cando lle contestamos "nothing" cabreouse preguntounos se eramos estudiantes ou turistas (sempre somos turistas, of course) tiroume os billetes e o pasaporte e dixonos boa viaxe pero con ganas de que romperamos as duas pernas. Incrible. Intentan timarte e inda por riba enfadanse... O peor foi que chega o xapones, que estaba noutro compartimento e contanos que el pagoulle 10 euros, nos explicamoslle que non tiña que pagar nada, e foi darlle a paliza o revisor e devolveulle os cartos. Que sorte tivo! O final veuse con nos o compartimento xunto cun aleman e un arxentino que non tiñan luz no seu. O arxentino e unha persoaxe moi peculiar. Con ese acento, contandonos historias e facendonos chistes o principio pode parecer un tipico pesado dos que atopas nun tren, pero so cando che di que che vai contar algo pensas iso. En canto comeza as historias, desaparece esa idea da tua cabeza o mesmo tempo que se che debuxa un sorriso na cara.
|