|
Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2005.
12/04/2005
 Cando pillamo-lo tren que ia de Viena a Praga pensamos que era directo. Despois a informacion que nos deron na estacion sobre onde, como, cando e a que hora cambiar de tren, era distinta cada vez que lle preguntabamos a un revisor. O final unha hora despois de comeza-lo camiño ee soporta-lo vagon cheo de adolescentes italianos en excursion da escola, baixamos nunha estacion que non tiñamos nin puta idea de onde era (sospeito que na Republica Eslovaca) cun rapaz arxentino qe ia o mesmo sitio ca nos. Alo imos a preguntarlle a un revisor que tiña peor ingles ca min (que xa e dicir) e dixono-lo numero da linia que era, alo fumos a busca-la linia cando nos decatamos de que en cada linia habia tres ou catro numeros. Volta a preguntarlle o señoriño que nos sinalara cal era a linia que nos dixera, contestano-lo numero e dicimoslle que no-la sinale co dedo!! Pois o tio mais que traballar na estacion, por moito uniforme que levara, parecia que vendia patacas PORQUE NON SABIA QUE LINIA ERA. Seguimos tentando atopala e alo desaparecen o tren no que chegamos e o señor inutil da estacion. Quedamos calados, sos, e sen saber onde nin que facer. Nevando...e de supeto aparece un home cunha chave inglesa, pero que non sabia ingles (nin el nin a chave) e o rapaz arxentino por señas consegue que o home lle indique a linia onde debe para-lo noso tren. Ali quedamos agardando ata que apareceu un tren. O home da chave inglesa corre cara nos e metenos no tren, literalmente, inda que non sabianos fijo se era ese, pero non lle discutimos nada (como para levarlle a contraria...vos non vichede-lo tamaño da chave inglesa!). Metemonos nun compartimento e cando chega o revisor algo-anglo-parlante confirmanos que estamos no tren acertado pero no vagon errado (vayanse a segunda clase, plebeyos). Fumos ali felices coma perdices, aposentamo-lo noso cu e de supeto o tren pega un frenazo. Nos estamos acostumados nos trens rumanos a este tipo de conduccion, asi que cando apareceu o arxentino todo alterado, comezamos a explicarlle que na Europa do Leste os carnets de conducir danse a cambio de tres etiquetas de Anis del Mono; pero o rapaz dixo que calaramos e miraramos pola fiestra. Asi o fixemos e vimos como os do passport control lle estaban a pegar unha paliza a un tio, o tiraban do tren (delicadeza das suas partes paralo antes, oes) a neve. E menos mal que habia neve, que a distancia entre o chan e otren era considerable...despois miraron os energumenos estos cara nos, enfocaronnos cunha lanterna e mandaronnos meter pa dentro. Asi coma pechamos a fiestra voltamola abrir e vimos coma o home corria detras de tren que comezara a andar deixandoo con duas bolsas e a baixo cero no medio da neve. Non habia nin unha casa, nin un arbol...nada. So neve. Cando nos alonxabamos e o iamos deixando na escuridade pensei que ese home ia morrer ali so. Non o sei. Nunca o saberei.  Dentro de todalas persoaxes que poida ter Rumania, teñen Mencion Honorifica Especial os taxistas. Aparte de que neste pais parece que os que teñen carnet deronllo na Tombola do Cubo, os realmente perigosos son os taxistas. Acabas montandote sempre nun taxi porque son baratos, porque es vago e sobre todo no inverno porque fai frio. Pero unha vez dentro os webos poñenseche de corbata cando recordas o perigo que corre a tua vida...pero xa pechache a porta e non hai volta atras. Para non ver contra que coche, farola ou calquer cousa o efecto vaste espetar sempre podes tentar distraerte coa musica que levan a toda ostia (que por un lado evita escoita-los pitidos do resto dos automoviles) a cal pode variar dende pop rumano, musica xitana rumana (manele) ou inclusive Bisbal ou o Papichulo; o tunning chungo de la muerte: cristais de atras tintados nun R12, alerons, pegatinas... ; ou a decoracion, que parece escollida de entre o mellor do que podes atopar nun cadea cen (kitch total) e unha rica variedade de cruces, santos, cristos, estampitas e virxes que levan, que parece que vas con Sor Citroen de peregrinacion a Lourdes. A min o que mais me ten traumatizado indo nestes taxis e atoparme un taxista que levaba un CD de Ricky Martin pegado no parasol. Outro que dando unha curva (e chunga a curva) quitou unha man do volante para santiguarse porque pasabamos por diante dunha Igrexa (e aqui os ortodoxos santiguanse tres veces seguidas!), eu en vez de dar gracias a Deus case que me estaba cagando na Virxe! Despois vanche pasando cousas curiosas dependendo de onde esteas e o longo que sexa o traxecto. Xa independentemente de que che tiren os tejos ou che falen do fillo tan simpatico e guapo e estudioso e traballador que teñen, podeste poñer a falar co señor taxista, caerlle ben e que che rebaixe uns leis, e sobre todo hai que mirar se levan taximetro (que hai alguns que non o levan e con eses e mellor pacta-lo prezo antes ou non montarse; como un co que fun da estacion de tren o aeroporto en Bucarest e que levaba tamen a dous rumanos e como as maletas non lle cabian no maleteiro, o notas atou a porta do maleteriro o tubo de escape cunha corda e tira p’adiante), se levan taximetro que o enchufen e que leven tamen o prezo correcto, que isto de ser extranxeiro e que se che note e chungo (pero en calquer pais). Sobre todo hai que ter coidado cos taxistas de Bucarest. Son mais peligrosos que un mono con navalla e pistola. Cando voltei de pasa-la Semana Santa en España o taxista que nos levou a estacion de tren aparte de que era tan agradable coma que che meteran unha piña polo cu, cando baixamos, despois de inventarse que lle tiñamos que pagar 10.000 lei mais por non sei que da equipaxe; estabamos subindo a acera e oimos un "cataclon!" as nosas espaldas. Resultou que se me esquecera un botellin de auga no taxi e en vez de avisarme, de bebelo ou de tiralo na proxima papeleira, pois non, guindounolo e menos mal que non nos deu. CABRON! Asi te gastes todos tus dineros en medicinas!!
|