|
Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2005.
03/02/2005
Estou en Rumania. Hoxe acompanhei o xinecologo a unha amiga. Para facer de traductora e de apoio moral. Primeiro lle fixeron unha ecografia, todo ben, logo exploracion de peitos, o medico explicandome o que lle notaba e eu traducindo, ata que de repente me manda tocarlle un peito para que o comprobe por min mesma. Puxenme colorada coma un tomate e a outra case lle da un ataque de risa. Logo analise de orina (menos mal que non me mandaron aguantarlle o tarro!). O mellor foi cando a espatarraron na camilla. Eu pudorosa de min coloqueime xunto a sua cabeza para non ver o que non debia ver...ata que o doutor me preguntou se algunha vez vira un chocho..pois so en pelis porno e en revistas! Pero non, mandoume o senhor ponherme o seu lado mentres me explicaba todo o que estaba vendo...vaxina, cuello do utero...todo!!!Nunca chegara e ese nivel de conhecemento dunha amiga senhores e senhoras!! e unha experiencia para a que hai que estar preparada. En Rumania all is possible!! Como compensacion ademais o xinecologo dixolle a minha amiga que a proxima vez que vaia eu lle vai ensinar todalas minhas interioridades a ela. Isto e un intercambio cultural e o resto merda!!!!
Por certo, que despois a muller estaba toda intrigada en saber como era o interior da sua rajita de poder e lle fixen un debuxo explicativo!
Non sei por que carallo isto vai de abaixo parriba en vez de ir darriba pabaixo. Sera porque isto e Rumania? Non, e porque son unha negada!
08/02/2005
Este articulo si que non e cousa de moita risa. O sabado fun outra vez coa miña amiga o xinecologo. Esta vez iba preparada psicoloxicamente para ve-las interioridades da muller, pero para o que non ia preparada era para ver nunha hora que estivemos ali agardando ver desfilar a polo menos 5 ou 6 mulleres para abortar. Primeiro metiannas segundo ian chegando nunha habitacion para que se desvestiran e puxeran unha batiña e logo as levaban por turnos a habitacion de enfrente, que era a sala de interrupcion do embarazo. Non entraban con moi boa cara e saian agarrandose o ventre, camiñando como Chiquito de la Calzada e case chorando cando non acababan chorando; logo de volta a mesma sala da que sairan tods xuntiñas e saindo o pouco rato e pa casa. Despois disto decidin que se me quedo preñada, non penso abortar. Que mal, que impresion. Padre, madre xa sabedes que como quede encinta, seredes abuelos sen duda!
16/02/2005
 Pois o 29 de Decembro collimos unha amiga o mozo e outra rapaza e comezamos unha rutiña polo oeste de Rumania. Despois de viaxar dende as 8 da tarde cambiando de trens, finalmente chegamos a Sighetu Marmatei, un pobo preto da fronteira con Ukrania. Pillamos a un señor que iba nunha calandraca que el chamaba coche e facia de taxi e dixemoslle que nos levara o seguinte pobo. Polo camiño preguntamoslle por un sitio onde durmir e resultou que ali non habia sitios para durmir, inda que nos dixo que seguramente podiamos quedar nalgunha casa a durmir; asin que alo fumos a preguntar a tenda da aldea e dixonos que preguntaramos seis casas mais adiante. 1,2,3,4,5,6... baixo do "taxi" e entro nunha cociña cunha velliña pelando patacas, un velliño durmindo o lado. Preguntamos e despois de dar explicacions por señas, porque a señora non sabia rumano, acabamos nunha habitacion durmindo sobre colchons de palla e o lado dun salgueiro con touciño e dunhas costeletas colgadas a curar. Durmimos toda a maña e comemos unha sopa con chouriciño e entre ñam e ñam resultou que o que eu pensaba que era dialecto do rumano que falaba a señora resultou que era hungaro, porque estabamos nunha comuna hungara. Despois un veciño levounos a ve-lo "Cimitiriul Vesel=Cemiterio Alegre", que lle chaman asi porque a xente dos maramures, que e unha cachonda mental (se entendes o sentido do humor dos rumanos, claro) dedicase a poñer nas lapidas (que son placas d madera pintadas de colores) como morreu a persoa con debuxo explicativo e poema. Habia un pastor que parecia que estaba tocando a trompeta e resulta que o que tiña era una escopeta na boca, un rapaz que morrera no patinando nas vias do metro de Paris...outra mostra deste humor e un epitafio que di: "aqui xace a miña sogra, se chega a vivir un ano mais, estaria eu aqui no seu lugar". Despois de dar unha volta polo pobo e ver como se curran a decoracion das casas con madeira tallada, azulexos e cemento de cores, cagadiños de frio fumos tomar un vin fiert (viño quente), cando chegou de volta o veciño levounos de volta e fumos cear. Adoro a esa velliña, que comida mais rica, pero antes de cenar nos meteron palinca (unha cousa coma a augardente, pero que a toman antes de comer en vez de despois) logo non vexas ti como nos entraron o pure de patacas, cun embutido da casa fritido con cebola e ensalada de varza con pementa e vinagre, e todo acompañado de viño da casa, o vello veña a encherno-lo vaso, acabamos case falando hungaro, que tajada, madre!! E como cearamos as seis e media, coma as jaliñas, as nove e pico fumonos para a habitacion a bebe-la botella de cervexa que compraramos para ameniza-la noite (inda que xa estaba amenizada de por si) e a xogar o chinchon. E polo medio cada dous por tres a mexalo todo no baño, que non era outra cousa que un caseto na eira que parecia que ia caer cun asento dentro cun furado por onde mirabas e podias ve-la merda conxelada do frio que facia. Nunha destas andadas atopeime o fillo dos señoriños e ensinoume os porquiños que tiñan, inda que eu tiña medo de que realmente me fora ensinar outra cousa... O dia seguinte a velliña trouxonos pola maña unha palangana con auga quente e unha pastilla de xabon para lava-la cara (inda que primeiro haberia que lava-la pastilla!) e preparouno-lo desaiuno: ovos fritidos coa ensalada de varza da noite anterior e...un viniño! Despois largamos e seguimos a aventura.
17/02/2005
 1- Tes que ter ganas de ir. 2- Tes que te-la mente aberta e non sorprenderte de nada, porque se non vas sorprenderte de todo. 3- Non te fies de ninguen e menos dos taxistas de Bucarest. 4- Se ti mesmo e pasa dos rumanos. Tentar comprendelos e unha perda de tempo e de neuronas. 5- Proba toda a comida que poidas, esta todo riquisimo. Pero atente as consecuencias... 6- benvido a cultura da cervexa. O de ir a "tomar duas cervexas" aqui cobra un senso distinto. 7- Viaxa. Todo o que poidas (e en tren, que tal e como estan as estradas e como conducen estos e case un suicidio). E coidado cos revisores, tentaran metercha dobrada! 8- Comprende que non estas no teu pais. Se non, irache fatal. F.A.T.A.L. Fatal! 9- O rumanos son moi feos, sen embargo as mulleres son moi guapas, pero non foden. 10- Non te preocupes polos estudios, vas sacar moi boas notas!!!
24/02/2005
Unha noite en Decembro en Bucarest saimos e comezamos nunha festa dun rapaz que remataba a estadia e voltaba o seu pais. Era unha festa extranha, porque sendo unha festa Erasmus case non habia ninguen. Despois de estar varias horas e ver que ninguen aparecia, quedamos todos no Club A, pero polo caminho comezamos unha guerra con bolas de neve que acabou nunha batalla todos rebozados pola neve e metendono-lo blanco e frio elemento este por todalas partes que atopabamos (e con secuelas, que o dia seguinte un tinha o labio morado, a min rompeume o abrigo...), total, que tardamos tanto zoscandonos pola rua que xa non habia ninguen no Club A e nos piramos a outro lado, o Club Fire. pero este novo sitio inda que estaba aberto nn servian mais bebidas, pero un que iba con nos cando lle preguntaron de onde era e contestou que de Belxica lle dixeron: "Incrible! Tres cervexas gratis!" E quedamonos ali a bebelas co dono do clube, o camareiro, a moza, un que dicia que era periodista, outro que dicia que era emperador e un puto gordo de merda. E digolle puto gordo de merda porque a parte de darme a chapa no Fire o que quixo e mais, cando definitivamente nos botaron do Fire o gordo dixo que iamos todos a comer unha Ciorba de Burta, que e sopa de estomago de vaca. Como comprenderedes, non e a comida que mais pode apetecer a esas horas e con tantas cervexas no corpo. Pero alo fumos todos a un restaurante. Todos con mais cervexas, eu cunha sopinha de champinhons. Outra cunha tortilla e o puto gordo coa sua ciorba de burta comendo coma un puto porco, botandolle nata, aceite e pementa a saco a ciorba, e dandome bicos na man e na cabeza. Non paraba de preguntarlle a minha amiga se tinha trozos de burta no pelo...e se me achegaba cada vez mais e o final acabei estoupando, levanteime, mandeino a merda e dixenlle que me deixara en paz (todo en rumano, pa que vexades que son unha boa estudiosa do idioma local, inda que con acento moldavo). Despois de que o puto gordo se fora, todo voltou ser o todo o normal que se pode cando estas cun tio de case dous metros que parece un vikingo dicindoche que non te portes asi cos teus amigos, un o lado que che di que e un emperador, o que matou a Cleopatra (por moito que me cansei de explicarlle que esta faraona suicidarase non lle entrou na cachola), outro soltandoche o rollo de que e un periodista famosisimo que escribe en periodicos de todo o mundo e o resto borrachos coma cans. Despois saimos de ali, xa era pola manha e facendo que eramos madrugadores collimo-lo periodico e fumos pa casa.
|