obichodocuruto

ESTA WEBLOG VAI ADICADA A ESA PERSOA QUE ME PUXO ESTE NOME. TI XA SABES QUEN ES, UN BICO!!

 

---

Temas



Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2005.

09/03/2005

VECINHOS RUMANOS...VE-LO PARA CREELO

20061009163530-grezia-022-copia.gifO outro día chamounos á porta unha vecinha para dicirnos que morrera a do sexto, e despois de darlle as condolencias por unha senhora que non conheciamos de nada, díxonos que se queriamos aportar cartos para unha coroa de flores que ian a ponher de tódolos vecinhos. Po zi, dimos cartos e logo preguntaronnos que iamos facer ó día seguinte ás 11 da manhá, pensamos que era por ir a misa, así que dixemos que non, que tinhamos clase, e menos mal, porque segundo dixo ela "qué pena, porque necesitabamos homes -dicíao polos meus companheiros de piso- para baixa-lo ataúde polas escaleiras". Ahhhhhhhhhhhhhhhhh!! Nin jartos de gùisqui!!!
E doutra vez ía eu pola rúa e unha vella saiume polo balcón e díxome algo sinalando ó chan. Eu pensei que lle caera algo, pero non. Tiroume unha bolsa e díxome que dentro había dinheiro e que lle fora comprar unha botella de vinho. Eu quedei tan flipada que o único que se me ocorreu dicir foi "branco ou tinto?", e aló fun polo vinho morta da risa. Despois tiroume unha corda, atei a bolsa e subiuna; díxome que era moi guapa e moi boa e que agardara, que me ia baixar un regalinho, pero chegaba tarde que quedara cunha amiga e funme...e despois arrepentinme...a saber o que me daría...
09/03/2005 13:19 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

BUDAPEST

Cando sexa maior e rica vou ponher uns banhos turcos na casa. En Budapest hai uns que son unha gozada, e o mellor son unhas piscinas de auga quente que hai no exterior. Ésta é a segunda vez que vou, e flipámola, porque estaba nevando e tí metida na auga quente e todo cheo de vapor. Recordoume a unha imaxe da National Geographic duns monos despiollándose na montanha metidos nun lago de auga quente e nevando tamén. Igualinhos! o malo é que tamén está cheo de babosos, como un norteamericano - from New York, from Brooklin, you know?- que quería o meu número de teléfono e co seu amigo mestura de Obélix e Santiago Segura.
Tamén había un par de vellos todos melosos dándose bicos. Ó principio pensabas "qué bonito! Eu tam§en quero chegar a esa idade facendo guarreridas". pero despois de que non paraban xa comezaban a cansar un pouco, "qué empalagosos". Despois fixábaste nuns movementos estranos do brazo da senhora, e como persoa curiosa que son alo fun a bucear a ver que habia por alí...estaba facéndolle unha palla ó vello...case afogo do susto. Despois inda que non quixeramos mirar eles estaban alí...facendo movementos máis estranos todavía...asín que voltei bucear...e a curiosidade mata ó gato, esta vez sí que quedei traumatizada: estaban fodendo!!!! qué fatal...e o peor era que eu quería tamén, pero cun chico guapo, non cos vellos que nos acosaban...
09/03/2005 01:22 Enlace permanente. Hay 1 comentario.


Enlaces

Archivos


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]